Iniciativa Mondo Lingua é un servizo que ofrece a tradución gratuíta de páxinas de Internet a ONG e institucións sen ánimo de lucro. “A asociación ten a Web en máis idiomas, o cal lle permite enviar a súa mensaxe a unha maior cantidade de persoas e posibilítalle recadar máis fondos. Por outra banda, o tradutor autónomo adquire experiencia na tradución e ten a posibilidade de asinar o seu traballo; e en terceiro lugar, a axencia consegue darse publicidade dunha forma máis bonita e na nosa opinión, adecuada. Desta forma, todos obtemos o que queremos e sentímonos orgullosos de como o obtemos”, asegura Adrián Pérez Montes, un dos fundadores do proxecto.
[+ info]
Arquivado en: Cultura en rede, Língua, Recursos | Facer un comentario?
OpenID é un sistema de identificación dixital descentralizado, co cal un usuario pode identificarse nunha páxina web a través dunha URL ou dun XRI na versión actual, e pode ser verificado por calquera servidor que soporte o protocolo.
Nos sitios web que admiten OpenID, os usuarios non teñen que crear unha nova conta de usuario para obter acceso. No seu lugar, só precisan dispoñer dun identificador creado nun servidor que verifique OpenID, chamado provedor de identidade ou IdP. O provedor de identidade pode confirmar a identificación OpenID do usuario a un sitio que soporte este sistema.
[+ info]
Arquivado en: Cultura en rede, Medios Internet, Técnoloxía | Facer un comentario?
Elgg empodera individuos, grupos e institucións para crear o seu propio e pleno ambiente social.
Elgg, iniciouse no 2004, é o código aberto dun motor social que facilita todas as clases de ambientes sociais, desde educativos a empresariais e deportivos. Se estades buscando como crear a vosa aplicación social propia ou queredes construír e poñer en marcha un sitio para a vosa organización, Elgg é unha grande elección para proporcionar o necesario.
Fonte: elgg.org
Arquivado en: bandua net | Facer un comentario?
Non escribas na rede o que non escribirías nunha postal. Non sei cantas veces diría iso nos 90. Por iso, cando agora os medios alertan sobre privacidade e suplantación de personalidade en Facebook, non podo dar crédito.
É obvio que si a túa rede de amigos publica regularmente citas e fotos, e os ti fas parte delas, por moi privado que sexa o teu propio perfil, calquera poderá trazar a túa vida social. Relata un entrevistado no País:
Recoñezo que espío aos meus ex, mesmo aos que me teñen bloqueado como amigo. Busco e murmuro na información que compartiron con amigos comúns. Por aí sempre hai filtracións. Eu cheguei a deducir si os meus ex teñen novo noivo, si se mudaron de piso e mesmo o seu enderezo exacto. Tamén me é moi útil para coñecer os seus plans, e saber si coincidir con el ou onde debo evitar facer acto de presenza
Perda da privacidade? Perda voluntaria e inevitable en todo caso. Si xogas ao panóptico, a relatar a túa vida nun espazo público e compartido con outros que tamén o fan, de pouco servirán os biombos. Pretender o contrario é inconsciencia ou hipocrisía. A final de contas o único servizo diferenciado que ofrecen as mal chamadas redes sociais é a murmuración sobre a propia contorna. Queixarse diso só servirá para atraer aos eternos postulantes a crear nova e máis restritiva lexislación.
[+ info]
Arquivado en: Compartindo, Cultura en rede | Facer un comentario?
No mes de febreiro de 2010 celebraremos no Concello de Vedra as III Xornadas de Formación e Mostra Audiovisual LAV 010 organizadas pola Asociación “senunpeso producións”.
[+ info]
Arquivado en: Axenda, Cultura en rede, Emitindo, Formación, Medios Audiovisual | Facer un comentario?
“MARFUL é o mellor que lle puido pasar á música galega nestes últimos 10 anos!”, ou iso din os fans do grupo. Marful revolucionou a música galega, convertíndose cun só disco nun grupo de culto entre a intelectualidade do seu país. Moitos agardan xa o seu novo CD, previsto para a primavera 2010.
Podes escoitar desde aquí un adianto: marful.info/promo
Arquivado en: bandua net | Facer un comentario?
Como empoderar a túa comunidade en 12 pasos, desde a rede conversacional informal á consolidación dunha economía propia. Un resumo de máis de 20 anos de experiencia ciberpunk e 7 de construción indiana.
[+ info]
Arquivado en: Compartindo, Cultura en rede | Facer un comentario?