Contidos libres ou propietarios?
20 de November de 2007 | Arquivado en: Cultura en rede
A política de produción e distribución de contidos a través do teu sitio, implica cuestións legais e tecnolóxicas, que se relacionan tanto coa súa contribución ao campo do coñecemento a partir do acceso libre a estes, como co carácter patrimonial dos mesmos e a súa eventual comercialización.
Nun e outro caso, a adecuada aplicación de licenzas para o seu uso, reprodución e/ou modificación é de fundamental importancia. Este artigo apunta as principais razóns polas que estes aspectos deben ser tidos en conta, e os sistemas existentes para a súa implementación.
O acceso aos contidos en internet abre unha polémica, non do todo resolta, na que entran en disputa os dereitos dos usuarios á información, cos dereitos de propiedade intelectual dos autores/editores da mesma.
Marco Marandola, experto en licenzas electrónicas e dereito de autor, en Dereito de autor: fotocopias, sinala que aos dereitos dos autores opoñense non só os dos lectores, senón tamén os da sociedade no seu conxunto. Fai fincapé, en:
a necesidade de permitir aos membros dunha sociedade moderna e democrática acceder ás obras, sen ter que pagar e pedir permiso aos autores/editores, cada vez que se queira dispor delas.
Fundamenta esta postura, ao destacar que a súa difusión representa unha vantaxe para toda a sociedade, na medida en que favorece a transmisión da cultura e o progreso técnico e científico, á vez que posibilita unha democracia máis xusta, ao permitir o acceso á información para todos, sen distincións económicas.
Agrega que deben terse en conta tanto o interese do creador da obra, que sen incentivos económicos non podería vivir do seu traballo, como o interese da sociedade en ter acceso á información.
Fonte: Maestros del Web

Novas

