Até agora só se podía adquirir en papel pero xa está dispoñíbel para a súa descarga o libro colectivo do blogomillo Proxecto Identidade, no que medio cento de blogueiros deixan a súa visión da identidade en forma de relatos, ensaio, poesía, fotografía… Recordade que foi escrito co gallo desta festa.

A identidade ten fronteiras. Como a civilización está separada da barbarie. Como a túa casa ten paredes. Como na túa habitácula hai divisións. Como non. As raias son boas e necesarias. As xanelas e as portas tamén. Os límites deste proxecto teñen a forma dun libro e a relevancia dun paquete lonxincuo. Ten a fasquía de 54 anotacións nas marxes dun blogue e a gravidade de pouco máis de 1 megabyte (e ben que chega). Proxecto Identidade, o suceso imposíbel que ás veces acontece. Todo o que imaxinamos que hai máis alá da liña do horizonte e que suxerimos distraidamente, coma quen non quer a cousa. A nosa identidade é un continuum con bordos movedizos, a hipérbole dun eu travestido de nós.

Fonte: Chuza.org
Fonte: Calidonia

Trackback URI | RSS Comentarios

Facer un comentario: