Unha rede social ou comunidade virtual, en Internet, é un tipo de aplicación web que serve para conectar ás persoas cos seus amigos e facer novos amigos no proceso. As redes sociais aproveitan vínculos existentes entre persoas para facerse interesantes. Así por exemplo teñen sentido que existan redes sociais relacionadas cun entretemento ou actividade, xa que os afeccionados a un determinado tema tenden a querer falar sobre o seu entretemento con outras persoas interesadas.

As redes sociais crecen con rapidez grazas á mercadotecnia viral (eu invito aos meus amigos, que invitan aos seus amigos, que invitan aos seus amigos…) e ofrecen medio de contacto directo cos interesados nun tema determinado.


Algunhas redes sociais das que sempre se fala, polo seu tamaño ou por algunha característica especial:

  • MySpace é unha rede social/comunidade virtual un pouco caótica. Ofréceche un espazo web que podes personalizar con vídeos, fotos, un blogue… É a rede social que utilizan preferentemente os grupos de música para darse a coñecer.
  • Wordpress.com funciona como rede social de bloggers. É unha xigantesca (+ de 2,6 millóns) plataforma de blogs na que te podes crear o teu blogue gratuíto e que dispón de varias funcións de relación con outros blogues da mesma plataforma.
  • Facebook - Está na fala da xente. Comezou como unha rede social de universitarios. As súas estratexias de mercadotecnia viral (e o potencial de crecemento da comunidade inicial) convertérona na rede social xeneralista máis importante do mundo. As cifras que se manexan con respecto ao seu valor están polas nubes.
  • Innocentive é unha comunidade virtual de científicos a nivel mundial. As empresas lanzan retos cunha recompensa asociada e científicos (e laboratorios) de todo o mundo compiten polas recompensas. O primeiro que atopa unha solución ao problema exposto gaña a recompensa.
  • Threadless fundouse no ano 2000 como un negocio de comercialización de camisolas, coa particularidade de que os usuarios podían enviar os seus propios deseños. O mellores deseños son recoñecidos por votación e producidos. Os seus autores son remunerdos por iso. En conxunto, Thredless forma unha rede social que o mesmo é utilizada para seleccionar os deseños que terán éxito no mercado que para estimar as vendas dos produtos.
  • Flickr é probablemente a rede social de intercambio de fotografías e de afeccionados á fotografía máis grande da rede. Cobran por servizos premium e dispón dunha activa comunidade que comenta e discute as novas fotografías.
  • Youtube é o coñecido sistema de reprodución de vídeos en Internet. As súas características sociais convérteno nunha xigantesca rede social na que a gente se entreten.
  • LinkedIn é unha rede social profesional. Utilízase especialmente para manter aos contactos internacionais localizados. Persoalmente non lle vexo moita máis utilidade sobre as funcionalidades de Facebook, por exemplo.
  • Sunlight Foundation, unha ponte entre a cidadanía e a política a través da tecnoloxía. Mantense a base de doazóns.
  • FastCompany redeseñou o seu sitio web para transformarse en rede social de emprendedores. Parte dos contidos da edición online de FastCompany son producidos agora polos seus usuarios.

Fonte: www.tallerd3.com

3 respostas a: Redes Sociais: Que son e cales son os referentes?


  1. O 27 de March de 2008 ás 3:06 am
    berio comentou:

    A de Threadless está moi ben. Molaba ver entre esas camisetas as de rei zentolo, aduaneiros e demáis.

    Para video eu quedome con vimeo. De contido máis selectivo e coidado. E sobre todo donde é doado atopar bos traballos de creación.

  2. O 27 de March de 2008 ás 3:08 am
    berio comentou:

    Por certo.

    Encantado de saudarte de novo!

    Entrei por Bandúa para ver que había de novo, e xa vin a de cousas interesantes que estabas poñendo na páxina!.

    Xa me suscribín ao rss

    Apertas!

  3. O 27 de March de 2008 ás 2:33 pm
    nautile comentou:

    Saudos meu ;)
    …pois é mutua a cousa, ledicia de voltar a ler-te!
    Obrigado polas referencias em alg-a e pola sindicaçom de flujo, como mola :)

    Bandua vai pouquinho a pouco medrando polo momento ainda está em versom “alfa” daremos-lhe outra volta …a ver se chega a “beta” :)

    Parabéns polo[s] vosso[s] projecto[s] que nom fam mais que medrar e dar esse sempre outro ponto de vista tam necessario e fundamental, o da creatividade livre.

    Apertas e Beijinhos para ti e toda a tropa ;)

Trackback URI | RSS Comentarios

Facer un comentario: