Estratexia TIC na Educación galega

Tras case que un ano despois de poder abrir unha porta adecuada na Consellería de Eduación, o pasado día 22 de Febreiro fumos catro persoas a unha entrevista coa súa responsable, Laura Sánchez Piñón.

O que aconteza no Ensino galego preocupa e implica a diversas contornas: alumnado, profesorado, APAs e, como non, a quen defendemos a adopción de estándares abertos, a libre transmisión de coñecemento e as tecnoloxías libres, nomeadamente o SwL.

Estas foron as principais motivacións á hora de tentar establecer a canle adecuada coa que poder expresar varias inquedanzas que posúen determinados colectivos. Así, en marzo do 2007 mantivemos unha primeira xuntanza varios GUGLs e profesores a título persoal defensores de SwL con representantes do SIEGA. Ao remate do ano pasado houbo unha segunda entrevista onde foise concretando a estratexia a seguir.

Fumos á reunión Benjamín Lois do SIEGA, os profesores Carlos Carrión e Manuel Morán e eu, en certo xeito representando á comunidade.

Decimos incluir unha serie de puntos a tratar nesta xuntanza, seguindo a orde: análise de deficiencias, proposta de solucións e medidas urxentes. Este é o documento revisado cos puntos a tratar.

Estes foron os resultados da xuntanza:

Estes foron os puntos que finalmente tratamos coa conselleira de Educación Laura Sánchez Piñón e que a seguir deixo:

Asunto: Estratexia TIC na Educación galega

Reunión: 22 de febreiro de 2008

DEFICIENCIAS

Comunidade e o profesorado observan as seguintes deficiencias en materia TIC no ensino galego:

  • Herdanzas de políticas anteriores baseadas en pagamentos por licenzas.

  • Non hai seguimento decidido cara a adopción de estándares abertos (UE, PEGSI)

  • Fuga de capitais polo pagamento de licenzas a empresas foráneas.

  • Non se está a cumprir o PEGSI en materia TIC agás, con matizacións, nos servizos centrais.

  • Heteroxeneidade de estratexias e actuacións a diferentes niveis.

  • Escaseza de persoal no SIEGA, só 20 técnicos. Imaxinemos unha empresa cuns 40.000 empregados, canto persoal está adicado aos sistemas e información? Abondaría con vinte?

  • Quen é o persoal TIC nos centros? É adecuado que non sexan profesionais TIC?

  • Non está na actuación da Consellería favorecer a pirataría e os estándares propietarios pero está a acontecer e sen remedio aparente a curto prazo (fuga de capitais).

  • Non se está a cumprir o acordo de goberno de 2005 en materia TIC agás, con matizacións, nos servizos centrais.

  • (…)

SOLUCIÓNS

Comunidade e o profesorado propoñen as seguintes solucións:

  • Analizar os exemplos de Estremadura ou Andalucía en materia de implantación de estándares abertos, independencia tecnolóxica, aforro económico por licenzas, xeración de emprego endóxeno, libre transmisión do coñecemento e, en resumo, ética educativa e política. Sen ir tan lonxe, temos o noso caso de éxito no aforro económico na plataforma PLATEGA.

  • Xerar un Plan de Actuación que implique de facto:

    • Análise funcional cara a estandarización, homoxeneización de estratexias TIC nos centros e independencia tecnolóxica.

    • Multidepartamental, con compromisos firmes e consolidados das partes implicadas.

    • Seguimento que evite a distorsión na interpretación dos obxectivos a acadar

    • Dotar de recursos adecuados. O aforro resultante sufraga con creces o esforzo inicial.

    • Reconversión do actual Plan de Formación cara a consecución de resultados en función dos seus perfís e das súas responsabilidades TIC nos centros.

    • Cumprimento estrito da súa axenda.

  • Aproveitar as sinerxias do trinomio “Contidos educativos + sistemas + centros PTIC”

  • Crear un responsable TIC con titulación técnica que atenda un axeitado número de centros.

ACTUACIÓNS URXENTES

Comunidade e o profesorado consideran urxente:

  • Incrementar o número de persoal TIC no SIEGA e o persoal técnico nos centros

  • Concretar a distribución de Software Libre elixida para o ensino

  • Promover un Sistema de Información Base Común para todos os centros que favoreza a colaboración e o soporte entre o profesorado

  • Concienciar sobre as bondades dos estándares abertos, o Software Libre e maila libre transmisión do coñecemento como ética educativa.

Asistentes: Benjamín Lois, Carlos Carrión, Manuel Morán e Roberto Brenlla.

Deixo o PDF da Reunión Conselleira de Educación, Laura S. Piñón - 20080222.

Os que alí estivemos saímos moi satisfeitos de como trancorreu a hora que tivemos pois o cordial interese amosado foi confirmado polas constantes solicitudes de ampliación de información a cada punto tratado ou a cada anécdota contada. Foi do sentir unánime a naturalidade coa que axiña nos atopamos. Sorprendeunos que xa empregara sistemas libres durante a súa estadía en Cambirdge.

Entre os compromisos asumidos, a conselleira confirmou que ampliará información sobre o Sw Libre e a súa ética, aproveitará unha viaxe que ten por facer a Andalucía para comprobar as súas experiencias en materia educativa e TICs libres, replantexará o actual Plan de Formación especialmente nestas materias e tamén emitirá un comunicado oficial da Consellería.

Fonte: Blogue de Roberto Brenlla

Trackback URI | RSS Comentarios

Facer un comentario: