Proxecto de reutilización da información nas Administracións públicas de Galicia
Reutiliz@: manual de Referencia
Fonte: www.sociedadedainformacion.eu
Arquivado en: Cultura en rede, Formación, Software Libre, bandua net | Facer un comentario?
O próximo 24 de Mayo de 2009 ás 12 horas terá lugar na Praza do Rei (Fronte ao Ministerio de Cultura) en Madrid a celebración da campaña polos dereitos civís, a universalidade e neutralidade da rede do que este é o seu manifesto:
[+ info]
Arquivado en: Cultura en rede, Medios Internet | Facer un comentario?
Estudio sobre a penetración e uso do software libre
Dende a Asociación Semilla, están levando a cabo un proxecto denominado SocialGNU, para achegar as tecnoloxías libres ás organizacións sociais, dando información, soporte e formación en temas de software libre.
Neste momento están a realizar un estudio sobre a penetración e uso do software libre nas organizacións do Terceiro Sector para facerse unha idea do punto de partida no que se atopan neste momento.
Para isto prepararon unha enquisa online onde todas as ONGD podedes axudarlles a recompilar esta información. Trátase dunha enquisa breve e a colaboración asegura que vos envíen os resultados do estudio.
Podedes atopar a enquisa en: www.socialgnu.org
Arquivado en: Cultura en rede, Software Libre | Facer un comentario?
O cineclube do audiovisual galego ponse en marcha! …flocos.tv
Arquivado en: Compartindo, Cultura en rede, Emitindo, Medios Audiovisual | 1 Commentario
PROXECTO DERRIBA quere ser unha comunidade singular. Singular porque tira os seus pulos dun aquí e dun agora concretos, malia que sente a necesidade de abrirse a todo aquilo que poida acontecer noutros lugares e contextos. Comunidade acéfala porque se forma polo conxunto de aqueles que comparten a non pertenza, porque a súa obra é a desobra.
Arquivado en: Cultura en rede, Proxectos | Facer un comentario?
Este blogue vai sobre informatica verde. ¿E que é a informática verde?
Son todos aqueles temas relacionados coa tecnoloxía informática que entendemos deben de ser tratados polos Verdes. Entre eles, dous dos máis actuais: o software libre e as patentes de software.
Tratamos o software libre desde un punto de vista amplo, englobándoo no concepto de coñecemento libre e baixo unha filosofía colaborativa e en beneficio da comunidade. En canto ás patentes de software, somos contrarios a elas e cremos que limitan o desenvolvemento.
[+ info]
Arquivado en: Compartindo, Cultura en rede, Software Libre | 1 Commentario
Tegnix liderou o cambio de sistema polo que optou unha cooperativa galega, Cidadanía.
“Dábanos moita preguiza cambiar, pero pronto vimos a compensación e o proveito que lle podiamos quitar e non tivemos dúbidas”, recorda Ana Lorenzo sobre o proceso de migración dos sistemas informáticos a software libre que afrontaron en Cidadanía, unha empresa cooperativa que integra profesionais do ámbito das ciencias sociais. O que en principio semellaba unha molestia para os vinte traballadores que conforman ese colectivo derivou nun aumento da produtividade.
[+ info]
Arquivado en: Software Libre | Facer un comentario?