ABRESE O PRAZO DE MATRÍCULA NO CONSERVATORIO FOLQUE PARA O CURSO 06-07
23 de June 2006 - Enviado por xu a: Novas
Trackback
Xa podes formalizar a tua matrícula no Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín e para a Escola Folque Infantil.
Cando se imparten as aulas e dónde?
Todos os sábados de outubro do 2006 a finais de xuño do 2007 en horario de 11h – 14h e de 16h – 20h no Conservatorio de Música. Auditorio Municipal de Lalín. Os horarios diseñanse no mes de outubro e cada alumno/a indica a sua preferencia de horario: mañá ou tarde.
Na sección “Plan de estudos” atoparás a instrumentación e materias do centro.
Cómo inscribirte, cómo matricularte?
Podes preinscribirte enviando un e-mail cos teus datos persoais (nome, apelido, tlfe, enderezo, mail), as materias elexidas e se os tiveres, os estudos musicais realizados. Tamén podes matricularte no propio centro todas as tardes a partir das 18 horas e cumplimentando o sobre de matrícula. No sobre indica se prefires horario de mañá ou de tarde. O pagamento podes realizalo ali mesmo na secretaria dirixindote ó Sr. Zara ou ben polo Banco Simeón a nome do Patronato Cultural de Lalín-Sección Folque.
O CMTF recomenda: No CMTF é obrigatoria a matriculación en linguaxe musical (ou presentar acreditación doutro centro). No CMTF aconsellamos a opción de matrícula A: historia da música galega / linguaxe musical / instrumento.
Prazo e prezo de matrícula e limite de prazas: O prazo de matrícula está aberto ata o primeiro sábado de outubro. As materias de gaita, sanfona e canto teñen prazas limitadas polo tanto no caso do novo alumnado (1º curso) fecharase matrícula según a orde de inscrición. Cada materia custa 127 € por curso. Ex. linguaxe musical- historia- gaita custan 381 € por curso.
mais info. conservatoriofolque@folque.com

Comments
Comentarios fechados