Novidades Nordestin@s
31 de July 2007 - Enviado por gaitomano a: Escea, Novas
Comentarios fechados
Nordestin@s, ou de como a nova música galega escóitase no resto do mundo

A Coruña_31/07/07. Tres dos mellores músicos da nosa terra parten alén do mar do Norte para espallar as súas melodías polo mundo adiante: Nordestin@s (falcatruada 07), o disco de Ugia Pedreira, Guadi Galego e Abe Rábade está á venda dende hoxe en todas as plataformas dixitais, como é o caso de i-Tunes. O lanzamento inclúe, ademais, un tema extra en exclusiva, Se ti queres, que non poderás escoitar na versión física do álbum.
Porén, a prestixiosa revista de world music Global Rhythm, ubicada en Nova Iorque, seleccionou o tema Ari Ari para incluir no CD conmemorativo do seu 15 aniversario, número que sae á venda en agosto. A revista inaugura así a súa distribución internacional, co que a música de Nordestin@s se poderá escoitar ata en 25 países diferentes dos cinco continentes.
Outra boa mostra de que o éxito nordestino traspasa fronteiras é que o selo portugués Difference Music incluirá o tema Romaxe a Santo Andrés nun disco libro chamado Mediterráneo. A publicación recolle información histórica e cultural dos pobos bañados por ese mar, dende a Península Ibérica ata Croacia pasando por Marrocos, e das diversas comunidades musicais que neles habitan. Na recompilación, xunto a Nordestin@s, tamén estarán Uxía, María del Mar Bonet e mesmo Ojos de Brujo.
E non será este o único grupo galego que nos vindeiros meses amose o seu bo facer diante dun público alleo á nosa cultura: Lamatumbá, outra das bandas da factoría falcatrueira, tocará ao vivo na feira internacional Popkomm de Berlín. Será o 19 de setembro na sala Soda Club dentro do ciclo Sounds from Spain, xunto a Nena Daconte e Standard
Máis info-: www.nordestinas.eu
Iñaki Novoa- Comunicación
Tfno. 617.456.931
Programaciòn Algarabìa
31 de July 2007 - Enviado por gaitomano a: Axenda, Concertos, Novas, aCF Recomenda
Comentarios fechados
Boas!..
Dentro do programa de actos da XXIII Algarabía comprácenos confirmarvos que o Sábado día 4, a iso das 7.30 no Parque de Loriga contaremos coa actuación do grupo SAMBALAND CLUB.
Este grupo está integrado por Moises Santos (voz + Guitarra) (Sao Paulo, Brasil), Barry Edwards (guitarra) (Reino Unido), Mariano Martos (baixo) (Bos Aires) Marcos Vázquez (batería) (Ribadavia) e Mike Fletcher (saxo) (Reino Unido).
Esta formación ven da unión do grupo Animales Domésticos con Moises Santos e Mike Fletcher. Atópanse de xira por Galiza, e informados da Algarabía como festa participativa e autoxestionada, decidíronse a colaborar e aportar seu bo facer.Esperamos que non vos perdades esta ocasión única de poder escoitar e bailar con esta gran banda que actua sen cobrar un can, apoiando a idea da Algarabía.
Por favor.. reenvia esta mensaxe os teus amigos para lograr que esta información chegue a máis xente. Grazas!
Se queredes ampliar a información:
Suspendense os Intensivos de veràn
31 de July 2007 - Enviado por gaitomano a: Novas, aCF Actividades
Comentarios fechados
SUSPENDEN-SE OS INTENSIVOS DESTE VERÁN 2007.
NO Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalim suspendem-se os intensivos do Verán 2007 e ficades convocados/as para outros que viram doutro xeito, doutras maneiras, doutra forma.
FESTIVAL DE LORIENT
19 de July 2007 - Enviado por xan pampin a: Novas
Comentarios fechados

Esta é unha relación dos grupos que van representar a Galicia no Festival Interceltique de Lorient 2007, do día 3 ata o 12 de Agosto, este ano adicado a Escocia
O incremento do custe de construción do auditorio vigués deixa a obra paralizada
18 de July 2007 - Enviado por xan pampin a: Novas
Comentarios fechados
Auditorio en paro
Foi o proxecto estrela asinado polo anterior equipo de goberno e acaba por converterse nun dos principais quebradeiros de cabeza do actual alcalde, o socialista Abel Caballero. O auditorio de Vigo, que tiña un orzamento inicial de 85.7 millóns, ten agora un custe de construción de 154,5 millóns. O espazo deseñado polo equipo de César Portela leva un ano de atraso e, como o incremento do custe non é asumido nin polo concello nin polos promotores, a obra está paralizada.
A Xunta gastará ata sesenta mil euros en gaitas para enviar ás organizacións de emigrantes galegos
17 de July 2007 - Enviado por xan pampin a: Novas
Comentarios fechados
Ata o venres da semana que ven teñen todos os fabricantes de gaitas para presentar á Xunta as súas ofertas para o subministro de 55 gaitas. O Diario Oficial de Galicia de onte, xoves 13 de xullo, anuncia o concurso público por procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación dunha subministración de 55 gaitas tradicionais galegas pola Secretaría Xeral de Emigración. A adquisición ten un orzamento base de 60.000 euros, o que suporía un máximo de 1.091 euros por gaita e todas deberán entregarse antes do 30 de novembro deste ano.. Segundo informa La Voz de Galicia estes instrumentos están destinados como agasallos ás organizacións de emigrantes galegos no exterior para fomentar entre elas a querenza á nosa musica.
Crespo reclama a Cultura ayudas para el Conservatorio Folque ante el alto coste para las arcas locales
12 de July 2007 - Enviado por xan pampin a: Novas
Comentarios fechados
El alcalde de Lalín, Xosé Crespo, remitió un escrito al director xeral de Difusión Cultural, Luis Bará, en el que reitera la petición ya realizada en febrero del 2006 de financiación autonómica para el Conservatorio Folque. En concreto, el gobierno local pide una aportación de 24.000 euros, cantidad que supone la mitad del coste anual del profesorado, cifrado en 48.000 euros. A esa cantidad se suman 18.000 euros anuales en gastos generales. Un dinero que hasta ahora afronta en solitario el Concello. Según Crespo, «resúltanos cada vez máis complicado manter un centro único en Galicia no ensino da música tradicional galega».
“VENTE VINDO” NOVO DISCO DE FÍA NA ROCA
4 de July 2007 - Enviado por xan pampin a: Novas
Comentarios fechados
Fía na Roca ten á venda o quinto disco, “Vente vindo”, catorce temas cantados na súa maior parte, e gravada seguindo un proceso novo, participativo e moi vivo.
Levaban tres anos sen gravar, porque como explicou na presentación do cedé Xosé Ramón Vázquez, «somos un grupo libre e independente, que traballamos sen presión comercial nin discográfica. Non temos présa, e menos no panorama actual, no que os grupos escóllense en probas de selección». Tamén deixou clara unha cousa que parece que asenta no sector musical galego: «Temos que esquecer traballar só en Galicia, debemos proxectarnos fóra e máis aló do Estado».

