jump to navigation

Carta

28 de November 2006 - Enviado por gaitomano a: Escritos, Novas
Comentarios fechados

Ante a gravidade dos factos acontecidos na capital de Galiza entre os dias 21 e 22 de Novembro, Aurélio Lopes e Iago Barros, detidos e torturado, queremos relatar o seguinte:

(more…)

Actividade do Pichel

28 de November 2006 - Enviado por gaitomano a: Novas
Comentarios fechados

Esta Sexta Feira, 1 de dezembro, desde as 22h, a estalotada traslada-se para
o nosso centro social O Pichel (santa clara 21), agardamos-vos!

gentalha-web1.jpg

Concertos, Marful e Nordestin@s

26 de November 2006 - Enviado por gaitomano a: Concertos, Novas
Comentarios fechados

-O próximo 30 de Novembro, no Teatro da Universidade de Vigo, ás 18:30 horas, haberá concerto de Marful de balde : Pedro Pascual, Pablo Pascual, Marcos Teira e Ugia Pedreira.

-O dia 1 no Bar Liceum de Porriño concerto de Nordestin@s: Guadi Galego, Abe Rábade e Ugia Pedreira.

marfulretoque03 copiaredimensionlogo.jpg

Resumo do concerto Fin de Carreira do gaiteiro Superior

26 de November 2006 - Enviado por gaitomano a: Concertos, Novas
Comentarios fechados

O martes 21 de novembro de 2006 tivo lugar un fito histórico no mundo da música de gaita do noso país. Ás 20 horas comezou o concerto de Xosé Lois Miguélez Saínza, no que durante o tempo de duración amosou múltiples posibilidades interpretativas da gaita galega. O programa estivo composto por un abano de ritmos e estilos musicais que permitiron a este virtuoso do instrumento entusiasmar ao público asistente así como, á vista da cualificación, ao tribunal encargado de valorar a súa interpretación.

No concerto, dividido en tres partes, Xosé Lois Miguélez interpretou na primeira delas un alalá, da súa autoría, a ribeirana de Ventosela e Blanca e Negra, do xa clásico Ricardo Courtier. Na segunda, Apaixoada e ‘Arreguiço’ de Paulo González, o estreo do ‘Dúo para gaitas para o primeiro concerto de fin de carreira’ de David Bellas, e a Ghota da Mosca de Ernesto Campos. Na primeira e na segunda parte estivo acompañado por músicos da categoría de David Bellas, Rafa Crespo, Paulo González, Lucía Martínez, e a totalidade do grupo “Anacos de Buxo” (Xurxo Fernández, Pedro Álvarez, Alex Covelo e Ramón Corral).

Na terceira parte, Miguélez executou unha versión para gaita e piano do concerto de Ernesto Campos “Luces do Atlántico. Viaxe ritual por tres faros galegos” na que estivo acompañado por Pablo Diago ao piano.

Só fica dicir que a cualificación outorgada foi acorde coa interpretación: sobresaliente.

A Asociación de Gaiteiros Galegos quere transmitir a Xosé Luís Miguélez a súas máis sinceras felicitacións e desexarlle unha longa vida de éxitos no mundo da gaita. Parabéns tamén ao mundo da gaita que finalmente ten xa un titulado superior de conservatorio, neste caso o de Vigo no que fai xa algún tempo comezara esta aventura o noso benquerido Enrique Otero Covelo.

Nova publicada en:    AGG

Ollando aos sons da diversidade

26 de November 2006 - Enviado por gaitomano a: Axenda, Novas
Comentarios fechados

Sons da Diversidade chega xa á súa terceira edición e, un ano máis, o ciclo vaise dividir en dúas quendas: unha na primavera e outra no outono. Sons 2006 non podía ter unha entrada máis triunfal, xa que o encargado de abrir o ciclo foi o músico iugoslavo Goran Bregovic, que achegou ata o Auditorio de Galicia o seu espectáculo Karmen con final feliz, unha primicia para o público galego, xa que nunca antes chegara ata estas terras.
sonsdadiversidadeloguiño.jpg (more…)

Entrevista: Guadi e Guillermo

26 de November 2006 - Enviado por gaitomano a: Entrevista, Novas
Comentarios fechados
Guadi Galego e Guillerme Fernández, músicos
“A música galega ten barreiras infranqueables no resto do Estado”
“Parécenos perfecto que a xente copie os nosos discos se despois veñen aos concertos


Espido está formado por dous dos compoñentes do grupo folc Berrogüetto, Guadi Galego e Guillerme Fernández. - 8.4 KB
Espido está formado por dous dos compoñentes do grupo folc Berrogüetto, Guadi Galego e Guillerme Fernández.

Só guitarra e voz. Nada exótico se nos esquecemos de que Espido está formado por dous dos compoñentes do grupo folc Berrogüetto, Guadi Galego e Guillerme Fernández. Con moitos proxectos baixo o brazo, actuarán dentro dos ’Circuítos 4×4’, que intenta estabilizar a contratación de concertos nos concellos galegos.

Pregunta.-¿E un bo momento para a música galega?

(more…)

NARF en Cuba

26 de November 2006 - Enviado por gaitomano a: Concertos, Novas
Comentarios fechados

A Sala Dolores, cuarta sala con mellor acústica do mundo, foi o lugar elexido polos músicos de Narf para presentar o seu traballo en Cuba. Os sons da guitarra de Marcos Teira, a voz e a guitarra de Fran Pérez e a percusión de Pepe Sendón soaron mellor que nunca nunha sala chea de santiagueros que disfrutaron da música galega. Este concerto enmárcase dentro do evento Os Camiños de Santiago que a concellaría de Cultura está a celebrar na cidade de Santiago de Cuba e que vai xa pola súa terceira edición.

narf.jpg

(more…)

OS DOMINGOS Á NOITE MÚSICA AO VIVO NOS TRES PEIXES VOANDO

26 de November 2006 - Enviado por gaitomano a: Axenda, Novas
Comentarios fechados

Peixes.jpg
Ás 11horas na Radio Galega Música hai música ao vivo no programa Tres Peixes Voando. Cantan Xabier Diaz e Ugia Pedreira e sona a guitarra de Guillermo Fdez, acompañados dun Coro Peixe improvisado cada domingo composto por compañeiros-as  da Radio Galega…. unhas voces atrevidas e marinas.

Nos seguintes domingos versionarán a canción “Notas necrolóxicas” de L.Emilio Batallán e “A idade do ceu” de Drexler. E falarán de música, e falarán con novos peixes como Carmen Rey que presentará en primicia o que será o seu novo disco.

A tradición vai á escola

26 de November 2006 - Enviado por gaitomano a: Escritos, Novas
Comentarios fechados

Conta con 20.000 estudantes, organizan arredor dunhas 1.350 actividades, ten 640 profesores en 700 centros de ensino espallados por toda Galicia e este ano saen os primeiros titulados superiores da única especialidade que existe no país. Son algunhas das cifras do panorama actual da educación da música tradicional. A súa situación, os problemas e os retos de futuro veñen de pórse de manifesto nun congreso e no primeiro libro branco de educación do sector.

Artigo publicado en www.culturagalega.org

Santiago. Redacción. 22 / 11 / 2006

(more…)

CMTF en Oiartzun

26 de November 2006 - Enviado por gaitomano a: Novas, aCF Actividades
Comentarios fechados

O CMTF participou como coorganizador este fin de semán 25-26 de novembro nas 1ªs Xornadas de Pandeireta Peninsular celebrada fora da fronteira Pontevedra (donde se veñen organizando desde o 2004).

herrimusikarentxokoa.jpg

(more…)