Apertura Tenda Folque
29 de October 2006 - Enviado por gaitomano a: Novas, aCF Recomenda
Comentarios fechados
Sabias que no teu conservatório tens uma tenda onde poder comprar discos, livros…? Podes vir de 17:15 a 19:00 polo nosso expositor, para o que queirades. Pergunta pola Inês Portela em secretaria.
Aqui tens uma listagem dos produtos que podes encontrar. Em breve irémo-la renovando.
3º Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana. Imos pra Asturies!!
29 de October 2006 - Enviado por bonseibe a: Axenda, Novas
Comentarios fechados
3º Alcuentru de Pandereta Gallega ya Asturiana.
Imos pra Asturies!!!
O sábado 18 de Novembro, ímoslle tod@s ata Asturies, gozar xa por terceira vez da convivencia e recoñecemento mutuo cos nosos curmáns. O catalizador xa o sabedes, os cantares e bailes das dúas terras sempre acompañados do son de pelicas e ferreñas. Vaivos un pequeno planin desta edición:
Festa3
26 de October 2006 - Enviado por gaitomano a: Axenda, Lercheo, Novas
Comentarios fechados
Era cuestión de tempo… e por fin… xa chegou… xa está aquí… a festa que tod@s esperabamos… a FESTA3!!!

Nordestin@s concerto en Fene
26 de October 2006 - Enviado por gaitomano a: Axenda, Concertos, Novas
Comentarios fechados
O Xoves 26 tedes unha cita con estas duas mozas belidas e ese sprinter de chaquè das teclas, chamanse Guadi, Ugia e Abelardo, son nordestin@s e expresano sempre que se xuntan encima das taboas, e desta volta tocalle o turno a Fene as 20h na casa da cultura
Quedades avisados….

Nova entrada na Blogosfera Musical…….Zona da Zanfona
26 de October 2006 - Enviado por gaitomano a: Novas, Sitios Recomendados
Comentarios fechados
Oscar Fernandez profesor de Zanfona no CMTF firma ese blog, no que se poderán leer e ver e espera oir cousas da zanfona e algunhas das que se lle pasen pola cabeza a o autor ainda que non teñan que ver con ela.
Este proxecto contou con repercusion en prensa a nivel comarcal cunha publicacion no Faro de Vigo.
Dende o CMTF esperamos que esto sirva como aportacion para a divulgacion e coñecemento deste instrumento “atemporal”.
I Congreso de ensinantes de Musica Tradicional
23 de October 2006 - Enviado por gaitomano a: Formação, Novas
Comentarios fechados
A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza o I Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega.
Tentando cumprir un dos seus principais fins, a normalización da cultura musical de Galicia, a Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG), ente que representa non só a gaiteiros, senón tamén a todo tipo de músicos tradicionais, bailadores e demais xente implicada no folclore musical galego, organiza o primeiro congreso de ensinantes de música e baile tradicional.
Organizado por:

(more…)
Homaxe ao Gaiteiro
19 de October 2006 - Enviado por gaitomano a: Axenda, Novas
Comentarios fechados
Ola a todos,
Dende A Buxaina dámosvos a coñecer o programa da Homenaxe deste ano que é o seguinte:
Bar Liceum Outubro-Decembro, carta variada, que tomades???
19 de October 2006 - Enviado por gaitomano a: Axenda, Novas
Comentarios fechados
Aqui estamos, seguro que xa nos tiñades esquencido, outra vez, para presentarvos, unha nova programacion, que comenza o venres 20 de Outubro e remata o 1 de Decembro.
Atoparedes coma sempre bastante variedade, nas propostas musicais, nas cales tentamos que haxa maioria de propostas feitas en Galiza, sen renunciar as boas influencias doutros sitios.
Jornada de Portas abertas en Brincadeira
18 de October 2006 - Enviado por gaitomano a: Formação, Novas
Comentarios fechados
Os dias 21 e 22 de outubro no local de Brincadeira (rua Home santo,62, baixo ) terá lugar umha ediçom mais das Jornadas de Portas Abertas, asistide!!
obradoiros:
regueifa por pinto e caruncho
-pasamaneria por toño lopez
-taller de palletas
-baile de sequeiros por lola de sequeiros
Etevo o bailador
Info dos tres peixes voando
18 de October 2006 - Enviado por gaitomano a: Novas, aCF Recomenda
Comentarios fechados

Xabier Diaz- Guillermo Fernández e Ugia Pedreira todos os domingos na Radio Galega Música ás 23 horas.
Na sección DIME QUÉ PEIXE ES estará Fran Perez, gañador do 2º premio no festival da canción en linguas minorizadas celebrado en Laponia a anterior fin de semán. Fran contará a experiencia e confesará quen é o seu animal mariño preferido.
En TODO O PEIXE PRO BARCO escoitaremos as cancións enviadas polos ouvintes. As cancións temáticas sobre o mar e os seus secretos. Neste programa o track enviado vai de sereias.
Podedes enviar as vosas suxerencias de cancións marítimas a trespeixesvoando@crtvg.es. O nome da canción e o intérprete e o voso comentario sobre o tema.
Escuitaremos a Briguitte Fontaine, Madeleine Peyroux, Zenzar…

