criate vaite criaaaando….
30 de September 2006 - Enviado por xan pampin a: Lercheo, Novas
Comentarios fechados
Bueno…en fin …O.T. todos sabemos que é un gran Reality Show… pero o que non chore con este video…non ten corazon…
http://www.youtube.com/watch?v=5_KZpnE5rqQ
Ánimo Eva…¡¡¡ jejejje
Vertidas as primeiras declaraciòns no tocante aos escarceos Ibicencos do alcalde de Ortigueira
29 de September 2006 - Enviado por gaitomano a: Crítica, Novas
Comentarios fechados
O Grupo de oposicion de Ortigueira fai as primeiras declaracions sobre o escandalo do alcalde proxeneta de Ortigueira….
Momento no que bota man da carteira…..

A Verdadeira Marina D`Or
29 de September 2006 - Enviado por gaitomano a: Crítica, Novas
Comentarios fechados
Pois xa que esta en auxe todo o relacionado con videos reivindicativos asi como os videos explicativos de personalidades en situacòns comprometidas, aqui vos deixo este documento audiovisual do que en realidade è “un paraiso a tu alcance”
Clica aqui:
Mierdina D`Or cuidad de vacaciones
Aberto o prazo de inscrición para o curso 2006/2007 na Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos
28 de September 2006 - Enviado por xan pampin a: Novas
Comentarios fechados
Seguindo ós passos do profesor José Luis Dopico Orjais.
27 de September 2006 - Enviado por gaitomano a: Novas, aCF Actividades
Comentarios fechados
Proximamente estará representando ó CMTF no Encontro de Pandeireta celebrado en Euskadi (Oiartzun) no centro de José M. Beltrán. Dopico fará unha ponencia co título: Introdução a historiografia da pandeireta, pandeiro ou adufe na Galiza. Tamén está convidado a dar un relatorio o dia 3 de outubro en Bragança sobre As afinidades do folclore galego-português. No congreso da Asociación de Gaiteiros galegos en novembro falará sobre a educación da música tradicional na Galiza.
Dopico foi xunto con Ramón Pinheiro e Ugia Pedreira responsábel no desenho educacional deste centro lalinense. Foi profesor de Teoria e Método da música patrimonial no CMTF durante 3 anos e nel ten realizado combos vocais sobre música galego-portuguesa .Está vinculado ó centro desde entom como profesor asociado participe en seminarios, reunions e decisons do CMTF e da As. CMTF.
Pocholo y el alcalde de Ortigueira
27 de September 2006 - Enviado por xan pampin a: Escea, Novas
Comentarios fechados
En fin…Non apto para persoas con doenzas no corazón e adicado a un gran Zanfoñista amigo meu (creo) jejejej…
ahi vai:
Pocholo e o Alcalde de Ortigueira….
Rédea Solta gañador do XXXIX Concurso Rexional de Gaitas de Ponteareas
25 de September 2006 - Enviado por gaitomano a: Concursos, Novas
Comentarios fechados
O cuarteto de gaitas Rédea Solta formado por Pablo Devigo (gaita), Oscar Ibáñez (gaita), Lucía Martínez (redobrante) e Patricia Cela (bombo) proclamouse gañador da XXXIX edición do Concurso Rexional de Gaitas de Ponteareas celebrado durante os días 23 e 24 de setembro de 2006. Á semifinal presentáronse 16 grupos procedentes de toda Galiza dos que 10 foron clasificados para a final que se celebrou o domingo pola mañá no auditorio Reveriano Soutullo, os grupos clasificados para a final foron: Rédea Solta (Poio), Alxibe (Ponteareas), Picuíña (Marín), Os Fonte Suairas (A Coruña), Albizara (Vigo), As Ferriñas (Vigo), Abelente (Ourense), Os Estrobos (Ferrol), Laghareu (RIbeira) e Anacos de Buxo (Nigrán).
Despois dunha longa deliberación o xurado formado por Xosé Romero, Xocas, Iván Costa, Manuel Alonso e Antonio Gutierrez decidíu outorgar os seguintes premios:
Primeiro Premio “Feliciano Barrera” dotado con 1.800 € ao grupo Rédea Solta de Poio – Pontevedra formado por Pablo Devigo, Oscar Ibáñez, Lucía Martínez e Patricia Cela.
Segundo Premio “Grupo de Empresas Regino Giraldez Boo” con 1.200 € ao grupo Anacos de Buxo de Nigrán – Pontevedra formado por Pedro Álvarez, Xurxo Fernández, Ramón Corral e Alex Covelo.
Terceiro Premio “Irmáns Rodríguez Sobral” por importe de 900 € ao grupo Laghareu de Sta. Uxía de Ribeira – A Coruña formado por Edelmiro Fernández, Pablo Dalama, Loli Fernández e Miguel Fraguas.
Cuarto premio “Concello de Ponteareas” cun premio de 600 € ao grupo Os Fonte Suairas de A Coruña formado por Miguel A. Vázquez, José A. Vázquez, Daniel Meléndez e Miguel Norjales.

XXII FESTIVAL DE MÚSICA GALLEGA EN BARCELONA
23 de September 2006 - Enviado por xan pampin a: Novas
Comentarios fechados
El Festival de Música Galega en Barcelona es uno de los actos más importantes que organiza Toxos e Xestas.
Son ya muchos los festivales que se han celebrado con periodicidad anual, los cuales, uno a uno han ido tomando un gran prestigio a nivel nacional e internacional.
Es un Festival que muestra humor, danza, folk, gaita, todo lo conocido en Galicia y fuera de ella.
El origen del Festival se remonta a 1981, y en sus inicios, no sólo eran muestras del folklore gallego sino que además se hacían concursos de composición. Inicialmente, los festivales no se celebraban de forma periódica, fue a partir del año 1988 cuando tomó un carácter anual. (more…)
Aulas Tear de Llerena 06-07
22 de September 2006 - Enviado por gaitomano a: Formação, Novas
Comentarios fechados
Presentación do Curso 06/07 e pago de cuotas
21 de September 2006 - Enviado por gaitomano a: Axenda, Novas
Comentarios fechados
Outro verán atrás e xa cáseque setembro pasado.
O Conservatorio quere convidarvos á presentación do comezo dun novo curso o sábado día 7 de outubro as 5 da tarde.
Alí estaremos o equipo ao completo.
Aproveito a ocasión para recordarvos que como socias e socios da asociación do CMTF agradeceríamos fixérades ingreso da cuota deste ano 2006 na nosa conta de Caixanova 2080-0401-63-0040184764 ou, mellor aínda, nos pasárades os datos da vosa conta persoal e así nós poderíamos xestionar anualmente o pago das cuotas dende o noso banco, que vos parece? Se queredes darvos de baixa, non tedes máis que comunicármolo. Como recordatorio, a cuota de socia/o é 30euros, e a de socio/a colaborador/a é 100euros.
Entón, ata o sábado 7, en Lalín estaremos.
Un saúdo
Pili

