 |
Temos 4 convidados e 0 usuarios en rede
É un usuario anónimo. Pode rexistrarse aquí.
|
|
 |

Estás no tema: novas Estes son os artigos publicados baixo este tema.
|
|
Ver todos os artigos
|
 |
 |
|
|
|
 |
| |
28 de xuño de 2007. A bandeira azul tense convertido en sinónimo de praias en bo estado, mais non garante a calidade ambiental dun litoral. Os criterios polos que a FEE (unha fundación privada fortemente subvencionada polos concellos e a industria turística) concede a bandeira azul, atenden principalmente á calidade da auga e aos servizos da praia. No entanto, moitas praias con bandeira azul son exemplo de práticas insustentábeis: urbanismo agresivo, turismo descontrolado, destrucción de áreas dunares... que degradan o seu equilibrio ecolóxico. Porén, dende 1999 a CE deixou de financiar á FEE, xa que segundo o Parlamento Europeo a concesión de bandeiras azuis “convertiuse nunha actividade enganosa, ao utilizar un símbolo de suposta calidade sen a garantía dos organismos oficiais da UE”.
|
|
|
|
|
|
| |
Enviado por: fins Venres, 29 de Xuño de 2007
|
¿comentarios?
|
|
|
 |
 |
 |
|
 |
 |
|
|
 |
 |
|
|
|
 |
| |
 Esta 24 de xuño é o Día Internacional contra a CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA. A electropolución é a exposición continua a campos electromagnéticos, principalmente liñas de alta tensión e subestacións eléctricas, así como antenas de telefonía móbil e sistemas Wifi-Wimax. Nesta data, organizacións de afectad@s e ecoloxistas queremos denunciar o medre insustentábel da electropolución pola proliferación descontrolada de infraestruturas eléctricas e redes de telecomunicación, que se está a convertir nun problema ambiental e de saúde. Porén, demandamos un cambio lexislativo profundo nas normativas que regulamentan este tipo de actividades.
|
|
|
|
|
|
| |
Enviado por: fins Xoves, 21 de Xuño de 2007
|
¿comentarios?
|
|
|
 |
 |
 |
|
 |
 |
|
|
 |
 |
|
|
|
 |
| |
24 de maio de 2007. 700.000 ¤ por cada posto de traballo: así calqueira fai negocio!. A macroacuicultura industrial resulta un investimento moi lucrativo para as grandes transnacionais do peixe como PESCANOVA ou STOLT. Aos baixísimos custos laborais derivados dunha cativa criazón de postos de traballo (a maioría en precario) hai que engadir as inxentes subvencións públicas para esta actividade. O investimento previsto na planta de Mira en Portugal vai situarse en torno aos 140 millóns de ¤. Destes, uns 45 millóns serán subvencións públicas directas, o que significa o 32% do investimento, sen contar coas subvencións indirectas para milloras tecnolóxicas, infraestruturas de distribución, rebaixas de impostos...).
|
|
|
|
|
|
| |
Enviado por: fins Xoves, 24 de Maio de 2007
|
¿comentarios?
|
|
|
 |
 |
 |
|
 |
 |
|
|
 |
 |
|
|
|
 |
| |
17 de maio de 2007: DÍA MUNDIAL DAS TELECOMUNICACIÓNS . Este día as principais organizacións ecoloxistas do estado, así como numerosas organizacións sociais e plataformas, queremos chamar a atención sobre o aumento da contaminación electromagnética. Demandamos un cambio da normativa estatal e autonómica con criterios de prevención e precaución, así como máis financiamento público para a investigación independiente sobre os efeitos para no ambiente e na saúde destas emisións. Baixa o MANIFESTO 2007
|
|
|
|
|
|
| |
Enviado por: fins Xoves, 17 de Maio de 2007
|
¿comentarios?
|
|
|
 |
 |
 |
|
 |
 |
|
|
 |
 |
|
|
|
 |
| |
11 de maio de 2007. O alcalde de Chandrexa de Queixa, D. Francisco Rodríguez preside a empresa Hidroeléctrica del Rio Grande S.L. que ten por obxecto a construcción dunha minicentral dentro da Rede Natura e máis do futuro Parque Natural do Macizo Central. A primeira reflexión refírese á evidente incompatibilidade entre as políticas conservacionistas da actual Xunta e o proceder dalgúns concellos, orientados ao negocio da producción enerxética. Mais este caso é só a punta dun iceberg, a coñecida como "trama das renovábeis" actualmente investigada pola Fiscalía, onde aparecen alcaldes-promotores, empresas pantalla, concesións irregulares, "pelotazos" especulativos...
|
|
|
|
|
|
| |
Enviado por: fins Sábado, 12 de Maio de 2007
|
¿comentarios?
|
|
|
 |
 |
 |
|
 |
 |
|
|
 |
 |
|
|
|
 |
| |
17 de abril de 2007. Recentemente denunciamos en Valdoviño un edificio no dominio público promovido pola Demarcación de Costas. E outro ano máis voltamos a denunciar a degradación das dunas da Corna, o campo dunar millor conservado do N da Ría de Arousa. Coches, motos e quads campan sen control. Cada verán instálanse postes de luz, chiringuitos e aparcadoiros sobre as dunas. Xunto a este aparente desleixo, o Ministerio segue coa súa acertada política de merca de terreos na costa. ADEGA pide máis coerencia e decisión á Demarcación de Costas en Galiza para frear o deterioro do litoral.
|
|
|
|
|
|
| |
Enviado por: fins Martes, 17 de Abril de 2007
|
¿comentarios?
|
|
|
 |
 |
 |
|
 |
 |
|
|
 |
 |
|
|
|
 |
| |
12 de abril de 2007. ADEGA ven de apresentar as súas suxestións ao rocambolesco proxecto de IBERDROLA para facer unha central soterrada baixo o Canón do Sil. Esta delirante infraestrutura pretende bombear pola noite a auga do Sil até o cumio do canón para logo turbinala polo día e aproveitar as bonificacións por enerxía renovábel. Alén desta fraude económico-ambiental, o proxecto ubícase dentro do LIC Canóns do Sil, parte da Rede Natura galega e conlevará unha brutal alteración paisaxística nun lugar de excepcional beleza e atractivo turístico candidato a Patrimonio da Humanidade.
|
|
|
|
|
|
| |
Enviado por: fins Xoves, 12 de Abril de 2007
|
¿comentarios?
|
|
|
 |
 |
 |
|
 |
 |
|
|
 |
 |
|
|
|
 |
| |
23 de marzo de 2007. A imputación do anterior Director Xeral de Industria, Ramón Ordás Badía e do seu cuñado é unha boa nova. Por fin a xustiza investiga o saqueo dos recursos naturais acontecido durante a era Fraga con total impunidade e chulería. Para uns poucos/as, o negocio estaba feito: aproveitando a posición privilexiada dos "amigos", as súas empresas montadas ex profeso e cun capital social ridículo, acadaron concesións eólicas ou hidroeléctricas sen que houbera ningún proxecto industrial detrás. Logo, especulaban coas concesións revendéndollas aos tiburóns do sector para ingresar suculentas plusvalías. ADEGA coida que non son estes os únicos casos, e que a fiscalía debería investigar tamén os procedementos de concesións de moitos outros aproveitamentos enerxéticos nos nosos ríos e montes.
|
|
|
|
|
|
| |
Enviado por: fins Sábado, 24 de Marzo de 2007
|
¿comentarios?
|
|
|
 |
 |
 |
|
 |
 |
|
|
 |
 |
|
|
|
 |
| |
20 de marzo de 2007. O recente Decreto 105/2006 polo que establecen determinadas medidas para a prevención dos lumes forestais supón un notábel intento por achegar racionalidade e aumentar a seguranza das explotación forestais, e deste xeito atallar algúns dos factores responsábeis dos incendios. No entanto, ADEGA quere chamar a atención sobre a contradicción que supón apostar por unha política forestal sustentábel e ao mesmo tempo, insinuar a posibilidade de axudas ao eucalipto (ver artigo 27.2.A). Subvencionando eucaliptos non se preveñen os lumes!
|
|
|
|
|
|
| |
Enviado por: fins Mércores, 21 de Marzo de 2007
|
¿comentarios?
|
|
|
 |
 |
 |
|
 |
 |
|
|
 |