entrada
 Usuari@
 Contrasinal
 Lembrar


¿...aínda non ten unha conta aquí?
Se quere, pode crearse unha.

ecotono.net
· portada
· modo texto

· ¿que é ecotono.net?
· comunidade
· afiliación

· mensaxes privadas
· ecotono.net

en Rede
Temos 3 convidados e 0 usuarios en rede

É un usuario anónimo. Pode rexistrarse aquí.













seccións
· novas
· novas breves


· biodiversidade
· --- mundo animal
· --- mundo vexetal

· saúde
· bioconstrucción
· investigación

· divulgación
· --- proxectos
· --- documentos

· activismo
· --- campañas
· --- denuncias

· S.O.S. alerta























apartados
· ligazóns
· descargas
· preguntas comúns
· pesquisador

· os máis
· estatísticas
· estatísticas [+]
· recoméndanos
· legal






















eroski











Estás no tema: S.O.S. alerta
Estes son os artigos publicados baixo este tema.



Ver todos os artigos

 
SOS Courel Acude a Xustiza 2007
279 lecturas
 
 

SOS Courel vese na obriga de acudir aos Tribunais de Xustiza

Amigas e amigos do Courel:
Se o tedes a ben, difundide esta mensaxe entre os vosos contactos, aos que lles poida interesar a defensa deste Espacio Natural e Cultural.

A asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel, coa axuda de todas e todos, tentou por todos os medios de parar a desfeita total do Courel. Como nin o Parlamento nin a Xunta escoitaron, agora só nos queda acudir a Xustiza.

E farémolo xa, antes do 10 deste outubro, recorrendo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a autorización do Consello da Xunta, de 21 de xuño de 2007, para a canteira, “La Campa-Santa Eufemia”, no medio da Cunca do Lor, no miolo dun xa masacrado Courel, un dos espazos de maior valor cultural e ambiental da Europa.

Inmediatamente, a primeiros de novembro, teremos que recorrer tamén a licencia de actividade desta mesma canteira.

Logo, si se lle concedera, teremos que recorrer a licencia de apertura. E seguramente polo camiño surxirán máis contenciosos aos que facerlle fronte.

Como o custo de todos estes procedementos, desgraciadamente é sempre proporcional a “magnitude da desfeita”, non temos máis remedio que pedir e aceptar donativos. Por iso para todas e todos aqueles que estean interesados na defensa ambiental e cultural do Courel poñemos a súa disposición o noso nº de conta en “La caixa”

2100 2183 56 0200181109


Se o pesadelo rematara antes do previsto, todo o remanente económico desta campaña, utilizariámolo para a adquisición e restauración de algún anaco de souto abandonado, de calquera outro terreo ou de algunha construcción tradicional en ruínas no Courel, para uso e disfrute de todas e todos.

A asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel, con NIF G273624 74, con enderezo postal en “Santa Eufemia, nº32, Folgoso do Courel. 27327 Lugo” non ten ánimo de lucro, e tal e como consta nos seus estatutos debe promover todas aquela medidas que leven a acadar a “Posta en valor, recuperación e conservación do Patrimonio Natural e Cultural do Courel”.

Para calquera dúbida, aclaración ou queixa, utilizar o noso enderezo electrónico soscourel@mundo-r.com, o noso enderezo postal indicado arriba ou o telefono 607 22 58 87.

Gracias por axudar
S.O.S. alerta
 
 
Enviado por: nogueira
Luns, 08 de Outubro de 2007

   Envía esta historia a un amigo  
 
 
Festa Revolta no Courel
282 lecturas
 
 

O día 11 de agosto, celebrarase a partires das 11 da mañá e ata a noite, en Froxán (no Courel) a “Festa Revolta”, en favor da paz cultural e ambiental desta Terra e de todas as Terras:

http://www.arredemo.info/arredrupal/node/86

Neste enlace:
  • Resumo do programa cultural do día 11.
  • Cartel-anuncio da festa, para quen o queira imprimir.
  • Mapa do Courel coa situación de Froxán.
  • Como chegar a Froxán.
  • Posibles aloxamentos.
En SOS Courel
  • Marabillosas fotos paraíso-contraste-canteiral

S.O.S. alerta
 
 
Enviado por: nogueira
Luns, 06 de Agosto de 2007

   Envía esta historia a un amigo  
 
 
A Xunta inmersa nun gran escandalo
277 lecturas
 
 

Nota de prensa de SOS Courel
Por Orlando Gregorio Álvarez Álvarez
DNI 33 850 174 Q
Teléfonos 607 22 58 87 - 982 81 66 50

A Xunta inmersa nun gran escandalo:
A Xunta de Galicia coa autorización da “CE La campa”, o día 19 de xuño de 2007, nunhas condiccións ambientais extremas, destapou a “Caixa de Pandora”; así de forma incrible, 54 concesións mineiras e dereitos mineiros sobre o Espacio Natural do Courel, totalmente desbotados, desauciados ou durmidos, cobraron vida de novo, baseándose no agravio comparativo de tal autorización improcedente.

A Xunta de Galicia, agora enfrontase a unha gran catástrofe legal, de negociacións e indemnizacións sen precedentes, que no mellor dos casos acabará coa autorización de parte delas (das 54) indemnizacións e litixios xudiciais interminables coa Xunta.
S.O.S. alerta
 
 
Enviado por: nogueira
Luns, 16 de Xullo de 2007

   Envía esta historia a un amigo  
 
 
denuncias: Hoxe: Incrible Escándalo no Courel
236 lecturas
 
 

Denuncia de “SOS Courel”
Pasao, que se entere todo o Mundo

Na prensa hoxe:

Isto é o que está a pasar no Courel, ao parecer (Artigo en “El País” ):
El Gobierno alerta del "gran impacto" de una cantera que avala la Xunta en O Courel
Un informe oficial constata que la explotación ilegal contaminó un río y agrietó una carretera


Outros artigos recentes:

E non olvides, o 21 de xullo entregámoslle as sinaturas ao Presidente da “Xunta de Galicia”.
Mándaas ao seguinte enderezo:

“Asociación SOS Courel”.
Santa Eufemia, nº 32,
Folgoso do Courel, 27327 (Lugo.)
S.O.S. alerta
  
 
 
Enviado por: nogueira
Martes, 26 de Xuño de 2007

   Envía esta historia a un amigo  
 
 
ULTIMA HORA a Xunta decide arrasar o Courel
201 lecturas
 
 

¡¡ comunicado Urxente !!
da Asociación Ecolóxico-Cultural “SOS Courel”

Amigas e amigos !!
Pedímosvos encarecidamente que difundades, se o tedes a ben, esta mensaxe canto poidades.

Incrible!! pero de xeito totalmente inesperado, onte 21 de xuño, a Xunta de Galicia decidiu acabar de masacrar ao Courel, cando xa hai máis de 12 macrocanteiras canteiras en funcionamento:
  • O 21 de xuño, foi autorizada pola Xunta a Canteira A Campa-Santa Eufemia, (paxinas 2 e 17)

  • Documento: Consello da Xunta de Galicia do 21 de Xuño de 2007 Fonte: xunta.es

    O Consello da Xunta de Galicia, tal e como tiña previsto dende fai tempo e sen escoitar o clamor da Cidadanía, tomou a decisión de acabar definitivamente co “Espazo Cultural do Courel”.

    Esta canteira que traballa nun furado da REDE NATURA, aberto a propósito no 2004; pero aínda nun Espacio Natural según as Normas Subsidiarias e Complementarias; desobedecendo unha orden de peche dende o 2002, confirmada pola Xustiza; foi premiada tal e como se expón nas páxinas 2 e 17.

    Esta canteira, ao parecer foille formulada un ha Declaración de Impacto Ambiental, que parece ser a garantía de tal legalización



    Se este documento fora a garantía ambiental, cando se está a arrasar un río e un bosque centenario, preto de media ducia de poboados medievais, mellor que supriman de un prumazo toda a normativa ao respecto.

  • O mesmo 21 de xuño, o Consello da Xunta deulle para diante ao “Proxecto de Lei de ordenación da minaría de Galiza”, polo que unha vez aprobado no Parlamento, o Courel será declarado “Concello Mineiro”. A minaría terá prioridade absoluta sobre o Parque Natural (Páxinas 1 e 7)

  • Xa o 19 de xuño, autorizárase a instalación do primeiro Parque Eólico, dos varios previstos, na Rede Natura do Courel, en plena Serra do Oribio, no Camiño de Santiago.

  • DOGA 19 de Xuño de 2007


¡¡¡ Agora, máis que nunca, seguimos coa campaña de recollida de sinaturas, envíos de correos electrónicos á Xunta de Galicia e a Prensa !!!

Impríme o modelo:

Documento: Recollida de Sinaturas O COUREL Parque Natural [.PDF Galego]
Documento: Recollida de Sinaturas O COUREL Parque Natural [.PDF Español]

Mándaas ao seguinte enderezo:

Asociación SOS Courel”.
Santa Eufemia, nº 32,
Folgoso do Courel, 27327 (Lugo)
S.O.S. alerta
  
 
 
Enviado por: nogueira
Luns, 25 de Xuño de 2007

   Envía esta historia a un amigo  
 
 
info Courel 15-06-2007. Video e noticias da campaña de O COUREL
189 lecturas
 
 

Últimas noticias !!!

1ª) - Regaláronnos un vídeo para a Campaña, con imaxes do Courel e música de “Luar na Lubre”.



Video Courel “Luar na Lubre”: http://www.youtube.com/watch?v=7EienpYjX6o

2ª) - Aprazamos a entrega das sinaturas ao Presidente da Xunta de Galicia ata o 21 de XULLO, un mes máis. Xa temos preto de 10.000, pero pódese dobrar facilmente esta cifra.

3ª) - Non recibimos ningunha nova dende Administración.


S.O.S. alerta
  
 
 
Enviado por: nogueira
Luns, 25 de Xuño de 2007

   Envía esta historia a un amigo  
 
 
info Courel 30-05-2207. Máis AXUDA para o Courel
172 lecturas
 
 

Máis axuda urxente para o Courel!
(Por favor, reenvía este correo aos teus contactos)

Ante o consenso de alomenos os 3 partidos políticos parlamentarios, para arrasar o Espazo Cultural do Courel, o territorio de maior biodiversidade da Galiza, aproveitando o despoboamento intencionado, non temos máis remedio que pedir máis axuda.

A Xunta de Galicia, na mesma liña que o anterior Goberno, vai declarar xa, unha miniatura de Parque Natural no Courel, só a efectos propagandísticos, para disimular a inminente autorización, de catro novas macro canteiras no Lor e Ferreririño, cando no Courel xa hai máis de unha ducia delas.

Por iso nós, a “Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel”, veciñ@s do concello de Folgoso Courel, pedimos axuda urxente para que a Xunta de Galicia declare Parque Natural ao C o u r e l, de inmediato; incluíndo dentro, como mínimo, as cuncas íntegras dos ríos Lor_Louzara, Selmo, Soldón e Ferreiriño; e que se libre o territorio conformado por todas elas, de todo tipo de impactos e concesións incompatibles, como canteiras, eólicos, centrais hidroeléctricas, vertedoiros, ...

S.O.S. alerta
 
 
Enviado por: nogueira
Luns, 25 de Xuño de 2007

   Envía esta historia a un amigo  
 
 
Augas termais de Prexigueiro: obxectivo turístico
114 lecturas
 
 

Amigos da Terra ven traballando desde novembro do pasado ano na obtención de información sobre a construción dun complexo turístico que se vai instalar no entorno de Prexigueiro en Ribadavia.

A zona de Prexigueiro, no concello de Ribadavia, o­nde ata o de agora cohabitan augas termais, entorno natural e un rudimentario, aínda que suficiente balneario propiedade dos veciños, vai ser obxecto dunha construción argallada por unha empresa privada e o concello, que ven neste entorno unha boa forma de constituír negocio.
S.O.S. alerta
 
 
Enviado por: m.valencia
Mércores, 09 de Maio de 2007

¿comentarios?   Envía esta historia a un amigo  
 
 
denuncias: Axuda urxente para o Courel!
1430 lecturas
 
 

Texto explicativo do correo de SOS Courel

Amigas e amigos:

Somos a “Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel”, veciñ@s do Courel; territorio da Galiza, cuns valores culturais, naturais, xeolóxicos, paisaxísticos, educativos e científicos, únicos en Europa, foi incluído na Rede Natura 2000, é Patrimonio de tod@s. Propiedade común son tamén as augas que todos estes montes recollen da néboa do Océano, e voltan por milleiros de regatos e ríos; atravesando terras de Asturias, León, Galiza e Portugal, ata o Mar

Sen axuda de tod@s, só @s veciñ@s do Courel, con pouco máis de “mil votos”, seremos incapaces de parar esta desfeita, camuflada detrás do manexo hipócrita e propagandístico da Rede Natura e da eterna promesa tranquilizadora dun Parque Natural, que chegará tarde e con mil recortes, sen cartos, esquivando “intereses poderosos”, reducido a “un debuxo nun plano” e anunciado nun “folleto”.

Esta Asociación, no outono de 2004, coa vosa axuda, fixo unha campaña na defensa do Courel . A Xunta De Galicia na primavera de 2005 respondeu cunha proposta de Parque Natural totalmente mutilada, deixando fora todo o sur do Courel para as pizarreiras existentes e outras tantas novas que se pretendían autorizar...

Continuar lendo:
axuda_urxente_para_salvar_o_courel [formato .doc]
axuda_urxente_para_salvar_o_courel [formato .odt]
axuda_urxente_para_salvar_o_courel [formato .pdf]






S.O.S. alerta
  
 
 
Enviado por: nogueira
Xoves, 03 de Maio de 2007

   Envía esta historia a un amigo  
 
 
Plan de desenvolvemento Courel
1891 lecturas
 
 

RESUMO DO PLAN DE DESENVOLVEMENTO RURAL URXENTE PARA O CONCELLO DO COUREL (2005)

O río Loruda emerxe glorioso do ollo da súa fonte.

Proposto pola Asociación cultural SOS COUREL, con Nº 2004/007940/ 1º (LU), con enderezo a efectos de comunicación esta, en Santa Eufemia, nº 32, concello de Folgoso do Courel, provincia Lugo, código postal 27327. Para que as Consellerías poidan incluír nos Orzamentos da Xunta de Galicia do ano 2006, e o Ministerio de Medio Ambiente, nos Orzamentos do Estado do 2006.

Organismos Públicos aos que se lle enviou este documento, e que todos, sen excepción, en maior o menor medida, teñen competencias e polo tanto responsabilidade sobre a grave situación que está a vivir o Courel, debido a permisividade legal e a falta de financiación suficiente que permita crear emprego sustentable e así romper a falsa escusa da canteira ilegal, de “La Campa” que se asenta no noso territorio, creando un precedente perigoso, dentro de un sistema que se pretende xusto e democrático:

  • Presidencia da Xunta de Galicia
  • Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar
  • Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
  • Consellería de Economía e Facenda
  • Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes
  • Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
  • Consellería de Innovación e Industria
  • Consellería do Medio Rural
  • Consellería de Cultura e Deporte
  • Consellería de Sanidade
  • Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
  • Consellería de Traballo
  • Consellería de Vivenda e Solo
  • Confederación Hidrográfica do Norte de España. Ministerio de Medio Ambiente

S.O.S. alerta
 
 
Enviado por: nogueira
Luns, 16 de Abril de 2007

   Envía esta historia a un amigo  
 
 
Proxeto de eólica proposto para Pena Trevinca
208 lecturas
 
 

Ante os proxetos de eólicas propostas para Pena Trevinca, Amigos da Terra pide á Xunta de Galicia que elabore un decreto regulador no que se fagan públicos os criterios que se utilizan ante unha planificación territorial para ordenar as instalacións de eólicas co obxectivo de conservar as nosas zonas naturais.


A entidade ecoloxista galega considera unha necesidade de primeira orde, esixir á administración autonómica a necesaria e urxente realización de plans rexionais de ordenación eólica, onde se reflicta unha adecuada planificación estratéxica da enerxía eólica e onde se determine cartograficamente, en virtude de criterios de dispoñibilidade do recurso, de impacto ambiental, das necesidades sociais e da aceptación cidadá.

S.O.S. alerta
 
 
Enviado por: m.valencia
Venres, 02 de Marzo de 2007

   Envía esta historia a un amigo  
 
 
Qué facemos agora coa carga do OSTEDIJK?
110 lecturas
 
 

alcoa.jpg22 de febreiro de 2007. Mentres se continúa a arrefriar o fertilizante in situ para deter a súa descomposición, proceso que ADEGA recomendou dende un principio baseándonos en experiencias similares, cómpre comezar a pensar no "día despois". Por unha banda, hai que xestionar axeitadamente a carga do buque, e para ADEGA o vertido ao mar non é unha opción. Por outra, delimitar responsabilidades: onde están os lugares de refuxio dos que fala o Real Decreto 210/2004, do que o vindeiro 1 de marzo fai 3 anos dende a súa publicación?

S.O.S. alerta
 
 
Enviado por: fins
Venres, 23 de Febreiro de 2007

¿comentarios?   Envía esta historia a un amigo  
 
 
Caso OSTEDIJK: é que non aprendemos nada do Prestige?
115 lecturas
 
 

pepalosada.jpg20 de febreiro de 2007. O incidente do cargueiro Ostedijk pon a proba a eficacia e a coordenación dos responsábeis de xestionar as situacións de emerxencia no noso mar. Por sorte, semella que non se trata dun problema grave. Mais en ADEGA preguntámonos que podería ter acontecido se en troques de fertilizantes, o buque transportara mercadorías perigosas ou combustíbel. Tendo en conta que cada día pasan fronte a Galiza uns 30 buques con esta carga, da a impresión de que nin os medios, nin os protocolos, nin a información están á altura da ameaza. É que non aprendemos nada do Prestige?
S.O.S. alerta
 
 
Enviado por: fins
Mércores, 21 de Febreiro de 2007

   Envía esta historia a un amigo  
 
 
ADEGA propón medidas de emerxencia para evitar a contaminación do Ostedijk
122 lecturas
 
 

ostedijk.jpg18 de febreiro de 2007. Diante deste novo "incidente", ADEGA quere informar á cidadanía das precaucións a adoitar e propón medidas de emerxencia para facer fronte á eventual contaminación mariña e atmosférica. O cargamento transportado, abono NPK 15 15 15 non é moi perxudicial para o medio ambiente. No entanto, os seus compoñentes poden reaccionar descompoñendo o abono, reacción que libera gases tóxicos: unha mestura de vapor de auga, óxidos de nitróxeno, amoniaco, cloro e ácido clorhídrico.
S.O.S. alerta
 
 
Enviado por: fins
Luns, 19 de Febreiro de 2007

¿comentarios?   Envía esta historia a un amigo  
 
 
Courel Parque Natural
199 lecturas
 
 

Estimad@ compañeir@:

O Courel está xa na Rede Natura e agora o Novo Goberno ven de lanzar una tímida sondaxe na Voz de Galicia, edición de Lemos, “para tomar o pulso”á opinión sobre a declaración de Parque Natural.

Sería convinte que interviras no debate electrónico http://www.lavozdegalicia.es/ed_lemos/opina.jsp, sería un gran logro que a participación fose masiva.

Estamos seguros de que un pequeno anaco do Courel será Parque Natural, porén dende SOS Courel estamos en contra de calquera “paripé en miniatura” cremos que se debe declarar integramente as cuncas do Lor, do Selmo, do Soldón e do Ferreiriño como mínimo.

A xente do Courel está a favor do PN, pero estase a boicotear tal declaración por outros intereses que todos coñecedes:
  • No Courel non hai médico a partir das dez da noite, dende o 2002.
  • No Courel non hai transporte público dende o 2004, cunha poboación totalmente envellecida.
  • No Courel non hai nin un só veciño ou veciña que traballe en Medio Ambiente.
  • @s trece integrantes das brigadas do lume, traballan fora do noso Concello, non hai ningunha brigada no Courel.
  • O Lixo municipal segue tirado polo monte.
  • A Estación Biolóxica, non se fai, despois de os veciños da vila de Seoane, comprar un solar por 12.000 euros fai 7 anos.
  • A Ferrería permanece pechada dende a súa restauración con fondos públicos, fai arredor de 8 anos.
  • O albergue que se rematou no verán do 2006, construído con fondos públicos, aínda non se abriu, por, ao parecer, problemas na relación camas/ metros cadrados.
  • No 2003, os veciños pediron o asfaltado da pista forestal que dá aceso directo a Monforte, acurtándose a distancia ao Hospital Comarcal nunha media de 25 quilómetros, en troques a Xunta ven de aprobar a unha super estrada por Quiroga, xustificándoa polo transporte da lousa. Mentres o acceso a A6, segue atascado no quilómetro 3, despois de 3 anos.
  • Mentres @s pouc@s veciñ@s que quedan a maioría xubilad@s se afanan por coidar o souto, o mellor da Provincia; a Xunta segue a arar os montes con “buldozers” e a plantar piñeiros.
  • Cando xa se ten dabondo comprobado, que as canteiras non serven para fixar a poboación, temos a menor densidade de poboación de Galiza; xa están en marcha 4 novos proxectos para outras tantas canteiras de lousa.
  • ..............................................

Esta mensaxe pódeslla pasar aos/as teus/túas amig@s.

Saúdos
SOS Courel
Enderezo electrónico: soscourel@mundo-r.com
S.O.S. alerta
  
 
 
Enviado por: nogueira
Mércores, 07 de Febreiro de 2007

   Envía esta historia a un amigo  
 
 
ESPERPéNTICA CACERIA DE RAPOSOS "AO INGLES" NO CARBALLiñO
212 lecturas
 
 

OURENSE, noticia de Edición Impresa: LA VOZ DE GALICIA

Adega rechaza la celebración de la Copa de España de caza del zorro y solicita su prohibición.

(Lugar: la voz| o carballiño)
La asociación ecologista Adega rechaza públicamente la celebración de la cuarta edición de la Copa de España en la caza del zorro, que se celebrará el 18 de febrero en O Carballiño y que reunirá en la villa a cerca de 1.500 personas.

Las críticas del colectivo se centran además en el apoyo institucional del Concello carballiñés, totalmente involucrado en la organización del evento. Adega considera contradictoria esta actitud, sobre todo, cuando desde la directiva se recuerda: «É un dos poucos concellos que dispón dunha concellería de Medio Ambiente e un ex-alcalde do Carballiño é o actual conselleiro de Medio Ambiente».
S.O.S. alerta
 
 
Enviado por: gonzaloblancovazquez
Luns, 15 de Xaneiro de 2007

   Envía esta historia a un amigo  
 
 
Shell, pon fin a la destrucción del medio ambiente y el ser humano
147 lecturas
 
 

El 1 de febrero Shell presenta sus ganancias gigantescas.
Personas de todo el mundo piden:

"Shell, pon fin a la destrucción del medio ambiente y el ser humano.
Usa las ganancias para solucionar los problemas que has causado."


¡SÍ! También quiero poner mi nombre en este anuncio del 1 de febrero del 2007
www.shelladvert.org [...pasao]
S.O.S. alerta
  
 
 
Enviado por: nogueira
Xoves, 04 de Xaneiro de 2007

   Envía esta historia a un amigo  
 
 
Prosiguen os vertidos nos rios de Ourense
178 lecturas
 
 

OS RÍOS DE OURENSE - CIUDADE
UN MAL EXEMPLO

O lector debe saber que en Ourense-ciudade temos tres ríos sensacionais. Pero en Xunio do ano 2000 estos ríos están francamente contaminados e en moi mal estado. Sinto decir esto, xa que me doe, pero hai que decilo e hai que pedir responsabilidades. Os nosos gobernantes teñen que mirar pola nosa vida que son os ríos.

O río Miño en Ourense Unha pocilga
Análisis feitos fai pouco (xaneiro do 2000) o río Miño en Ourense iba de auténtica pena.

Estos análisis foron ratificados pola Universidade de Ourense. Hay moitos focos contaminantes en Ourense.

A depuradora non funciona ben, Renfe sigue a soltar aceites e gasoil, o matadeiro a votar sangue, o Tinteiro está impresentable, O Barbaña na desembocadura vai lamentable... e un longo etc.
S.O.S. alerta
 
 
Enviado por: gonzaloblancovazquez
Venres, 29 de Decembro de 2006

   Envía esta historia a un amigo  
 
 
ADEGA presenta unha alternativa para salvar o Círculo Lítico da Mourela
143 lecturas
 
 

mourela5.jpg
9 de decembro de 2006. ADEGA e a Plataforma pola Defensa do Patrimonio de As Pontes veñen de presentarlle á Xunta un proxecto para a construcción dun túnel na autovía Ferrol-Vilalba que evitaría a destrucción do Círculo Lítico da Mourela, un conxunto megalítico único en Galiza. A D. X. de Patrimonio xa amosou o seu apoio a esta alternativa, viábel técnica e económicamente. Só falla que a D. X. de Obras Públicas amose a mesma sensibilidade na conservación da nosa herdanza cultural. Baixa eiquí o PROXECTO ALTERNATIVO (1,26 MB)

S.O.S. alerta
 
 
Enviado por: fins
Luns, 11 de Decembro de 2006

   Envía esta historia a un amigo  
 
 
ADEGA esixe a paralización dunha canteira no LIC Serra do Xistral
121 lecturas
 
 

osagros.jpgLugo, 16 de novembro de 2006. Através dun escrito entregado hoxe, ADEGA ven de solicitar da Consellería de Medio Ambiente a paralización inmediata da canteira “Os Agros”, na parroquia de Labrada, concello de Abadín (Lugo). Esta canteira iniciou a súa actividade o pasado verán, e está situada dentro da Rede Natura 2000 (LIC Serra do Xistral) afectando gravemente non só aos valores paisaxísticos da zona senón tamén a importantes hábitats do anexo I da Directiva 92/43/CEE, algúns deles prioritarios.
S.O.S. alerta
 
 
Enviado por: fins
Venres, 17 de Novembro de 2006

¿comentarios?   Envía esta historia a un amigo