 |
Temos 4 convidados e 0 usuarios en rede
É un usuario anónimo. Pode rexistrarse aquí.
|
|
 |

Estás no tema: activismo Estes son os artigos publicados baixo este tema.
|
|
Ver todos os artigos
|
 |
 |
|
|
|
 |
| |
19 de xullo de 2007. No día de onte, numerosos colectivos de afectados/as e asociacións ecoloxistas reunímonos en Compostela para coordenar as accións de resposta á proposta insustentábel de novo Plano Acuícola presentado pola consellería de Pesca. Acordamos presentar alegacións conxuntas e pormenorizadas ao documento e apoiar as diversas accións que cada plataforma desenvolva a nível local. Como primeira acción, concentrarémonos este vindeiro sábado 21 ás 5 da tarde contra a ampliación da piscifatoría de Stolt en Quilmas (Carnota). Alto á especulación co noso Patrimonio Natural!
|
|
|
|
|
|
| |
Enviado por: fins Venres, 20 de Xullo de 2007
|
¿comentarios?
|
|
|
 |
 |
 |
|
 |
 |
|
|
 |
 |
|
|
|
 |
| |
4 de xullo de 2007. ADEGA e máis numerosos colectivos ecoloxistas e de defensa dos animais rexeitan a campionato de "Tiro ao Pombiño" que se celebrará na Toxa esta fin de semana. Outros colectivos que rexeitan este desatino: CES (Colectivo Ecoloxista do Salnés), a Plataforma “Matar por Matar Non”, Amigos da Terra, Asociación COMETA de Narón, e as protectoras de Barbanza, Lugo, Ourense, Vigo, Baiona, Cambados e Marín, integrantes da Unión de Protectoras de Animais Federadas de Galiza (UPAFGA). Esiximos tamén da Consellería que ante a manifesta insubmisión dos organizadores, suspenda o permiso ao campionato.
|
|
|
|
|
|
| |
Enviado por: fins Venres, 06 de Xullo de 2007
|
¿comentarios?
|
|
|
 |
 |
 |
|
 |
 |
|
|
 |
 |
|
|
|
 |
| |
27 de xuño de 2007. Diante da recente legalización da canteira da Campa polo Consello da Xunta, ADEGA expresa a súa vontade de iniciar as accións xudiciais e sociais oportunas para tentar reparar este lamentábel erro. Non é doado xustificar ter autorizado esta canteira, con sentenza xudicial de paralización, e non permitir outras que están a traballar en espazos protexidos sen autorización nen licenza municipal, pero con concesións e declaracións de impacto favorábeis. E aínda mantendo a autoridade legal, con que autoridade moral se pode perseguir unha edificación fóra de ordenación, cando se concede autorización urbanística á ilegalidade, á desobediencia e á chantaxe?.
|
|
|
|
|
|
| |
Enviado por: fins Mércores, 27 de Xuño de 2007
|
¿comentarios?
|
|
|
 |
 |
 |
|
 |
 |
|
|
 |
 |
|
|
|
 |
| |
12 de xuño de 2007. A delegación de ADEGA-Trasancos organiza unha semana de actos ecoloxistas na Casa da Cultura de Neda. O venres 15 ás 20 h a conferenza será "A RÍA, RIQUEZA A DEFENDER". A semana seguinte, para o venres 22 tamén ás 20 h, trataremos sobre "O VOLUNTARIADO DO LUME". Durante toda a semana do 15 ao 22 poderedes tamén visitar na mesma casa da Cultura de Neda a exposición "A COSTA, UN PATRIMONIO A DEFENDER".
|
|
|
|
|
|
| |
Enviado por: fins Mércores, 13 de Xuño de 2007
|
¿comentarios?
|
|
|
 |
 |
 |
|
 |
 |
|
|
 |
 |
|
|
|
 |
| |
5 de xuño de 2007. Hoxe 5 de xuño celébrase en todo o mundo o Día Mundial do MEDIO AMBIENTE. Este ano, está adicado ás consecuencias do CAMBIO CLIMÁTICO. ADEGA convoca aos colectivos ecoloxistas e sociais de Galiza a unha concentración este martes 5 de xuño ás 18h na praza do Toural de Compostela. Posteriormente haberá unha conferenza do profesor Francisco Díaz-Fierros ás 19h sobre as consecuencias do cambio climático en Galiza. Será na sé da Fundación Caixa Galicia (rúa do Vilar, 19 de Compostela). Como introducción, proxectarase o documental de producción galega "O Cambio Climático, o reto do século XXI".
|
|
|
|
|
|
| |
Enviado por: fins Martes, 05 de Xuño de 2007
|
¿comentarios?
|
|
|
 |
 |
 |
|
 |
 |
|
|
 |
 |
|
|
|
 |
| |
31 de maio de 2007. O conflito de REGANOSA continúa coa ofensiva xudicial contra os pescadores e mariscadores. Aos 600.000 ¤ en perdas que reclama a empresa polo Galicia Spirit hai que engadir outros 200.000 ¤ do Mourad Didouche. Alén disto, o patrón maior da Confraría de Ferrol, Bernardo Bastida, detido o martes 29, ingresou onte no cárcere de Teixeiro, de xeito incondicional e sen fianza. Cando Bastida era trasladado ao cárcere, a Policía cargou contra mariscadores e membros do Comité Cidadán diante dos xulgados causando varios feridos. Mira o vídeo dos incidentes. ADEGA considera estas medidas inxustas e desproporcionadas e lembra á xustiza que defender a legalidade, o ambiente e a saúde non pode ser delicto.
|
|
|
|
|
|
| |
Enviado por: fins Venres, 01 de Xuño de 2007
|
¿comentarios?
|
|
|
 |
 |
 |
|
 |
 |
|
|
 |
 |
|
|
|
 |
| |
28 de maio de 2007. O vindeiro 5 de xuño celébrase en todo o mundo o Día Mundial do MEDIO AMBIENTE. Este ano, está adicado ás consecuencias do CAMBIO CLIMÁTICO. ADEGA convoca aos colectivos ecoloxistas e sociais de Galiza a unha concentración o domingo día 3 de xuño ás 12h na praza das Praterías de Compostela. Paralelamente, o propio día 5 (martes) haberá unha conferenza sobre as consecuencias do cambio climático a cargo do profesor Francisco Díaz-Fierros. Será as 19h na Fundación Caixa Galicia (rúa do Vilar, 19 de Compostela).
|
|
|
|
|
|
| |
Enviado por: fins Luns, 28 de Maio de 2007
|
¿comentarios?
|
|
|
 |
 |
 |
|
 |
 |
|
|
 |
 |
|
|
|
 |
| |
12-13 de maio: MONTAÑAS EN REDE. Seguro que algunha vez pensaches que as montañas precisan axuda. Estacións de esquí, urbanizacións, pistas, canteiras, expolio cinexético e forestal, parques eólicos agresivos, minicentrais... E quizais pensaches HAI QUE FACER ALGO. ADEGA e Red Montañas pensamos coma ti. FAI OÍR A TÚA VOZ EN DEFENSA DAS MONTAÑAS! Actúa os días 12 e 13 de maio para recordarlles aos políticos que as montañas son LUGARES ESPECIAIS que precisan dun TRATO ESPECIAL. Da súa conservación depende o futuro da auga, de ecosistemas e paisaxes ameazadas, e de moitos outros bens naturais importantes para a sociedade. Baixa o "Manifesto MONTAÑAS 07.pdf"
|
|
|
|
|
|
| |
Enviado por: fins Venres, 11 de Maio de 2007
|
¿comentarios?
|
|
|
 |
 |
 |
|
 |
 |
|
|
 |
 |
|
|
|
 |
| |
9 de maio de 2007. Ferroltera arrastra un déficit histórico nas infraestruturas: onte o tren, hoxe as EDAR... Pola contra, a comarca sufríu a perda de miles de postos de traballo ao tempo que a ría ficaba convertida nunha cañeira. O recente peche de grande parte da ría ao marisqueo é o reflexo da desfeita ambiental consecuencia de políticas alleas ao medio e á sociedade. Agora coa entrada do primeiro metaneiro, irónicamente chamado Galicia Spirit, consúmase un novo atentado contra o mar e o futuro da ría de Ferrol.
|
|
|
|
|
|
| |
Enviado por: fins Xoves, 10 de Maio de 2007
|
¿comentarios?
|
|
|
 |
 |
 |
|
 |
 |
|
|
 |
 |
|
|
|
 |
| |
13 de abril de 2007. Ante os reiterados e gravísimos episodios de contaminación provocados pola actividade de LIMEISA (Lignitos de Meirama S. A.) nos lugares de A Lousa e As Encrobas (Cerceda), ADEGA esixe das administracións unha intervención urxente para obrigar á empresa a cumprir cos seus deberes ambientais. Non se pode tolerar por máis tempo que ante as múltiples evidencias de que LIMEISA está a poñer risco a saúde humana e ambiental, a Xunta de Galiza siga sendo condescendiente coa actitude prepotente e insolidaria da empresa. ADEGA esixe das administracións un compromiso claro a favor da veciñanza fronte á contaminación de LIMEISA. Baixa o informe de ADEGA sobre o tema (1,23 MB).
|
|
|
|
|
|
| |
Enviado por: fins Venres, 13 de Abril de 2007
|
¿comentarios?
|
|
|
 |
 |
 |
|
 |
 |
|
|
 |
 |
|
|
|
 |
| |
4 de abril de 2007. Ante a profusión de noticias contradictorias aparecidas recentemente nos medios a respeito da desaparición das abellas en Galiza e noutras partes do planeta, ADEGA e AGA (Asociación Galega de Apicultura) témolo claro: os pesticidas sistémicos neurotóxicos son os principais responsábeis, como o demostran os estudos realizados en Franza xa dende 1995. De continuar co seu uso, estamos as portas dunha crise ambiental de incalculábeis consecuencias para a vida no planeta. Xa o dixo Albert Einstein: “Sen abellas non habería alimentación para o home, as abellas son a base da vida na terra”.
|
|
|
|
|
|
| |
Enviado por: fins Mércores, 04 de Abril de 2007
|
¿comentarios?
|
|
|
 |
 |
 |
|
 |
 |
|
|
 |