 |
Temos 4 convidados e 0 usuarios en rede
É un usuario anónimo. Pode rexistrarse aquí.
|
|
 |
 |
 |
|
|
|
 |
| |
Saúdos desde a edición deste medio informativo.
Debido a alta proliferación de envío de novas de xeito indiscriminado, ecotono.net vese na obriga de determinar unha serie de normas básicas de carácter xenérico, a cumprir para que a publicación dos envíos se faga efectiva.
- 1. Cota de proteccionismo lingüístico.
A expresión da vida sobre a terra merece protección, a lingua, como trazo social do desenvolvemento humano sobre a terra, merece igualmente respeito e no seu caso protección.
A lingua é un trazo con valor.
Establécese unha cota de proteccionismo lingüístico para con a lingua galega neste medio. Esta cota fica determinada en como mínimo o 50 por cento do publicado, quere isto dicir que para que unha nova en español se publique debe existir como mínimo outra en galego que a compense.
Se a túa fonte informativa ten unha nova en español, e queres facer constancia da información, ninguén che pide que a traduzas, ou que renuncies a ela, senón que a fagas túa, podes comentar a nova en catro ou cinco liñas e a continuación no campo de texto extendido, copiar literalmente a nova en español, a nova será considerada entón, unha nova en galego.
ecotono.net quere ser un punto de vista galego, en galego.
- 2. Cita expresa de fonte informativa.
Todas aquelas informacións que non sexan orixinais, deberán citar expresamente a súa fonte e data de publicación orixinal.
|
|
|
|
|
|
|
| |
|
Enviado por: nogueira O Martes, 14 de Febreiro de 2006 - 05:30 PM CET
|
|
|
 |
 |
 |
|
 |
 |
|
|
|
 |