entrada
 Usuari@
 Contrasinal
 Lembrar


¿...aínda non ten unha conta aquí?
Se quere, pode crearse unha.

ecotono.net
· portada
· modo texto

· ¿que é ecotono.net?
· comunidade
· afiliación

· mensaxes privadas
· ecotono.net

en Rede
Temos 4 convidados e 0 usuarios en rede

É un usuario anónimo. Pode rexistrarse aquí.













seccións
· novas
· novas breves


· biodiversidade
· --- mundo animal
· --- mundo vexetal

· saúde
· bioconstrucción
· investigación

· divulgación
· --- proxectos
· --- documentos

· activismo
· --- campañas
· --- denuncias

· S.O.S. alerta























apartados
· ligazóns
· descargas
· preguntas comúns
· pesquisador

· os máis
· estatísticas
· estatísticas [+]
· recoméndanos
· legal






















eroski










benvid@ a ecotono.net

ecotono.net é a páxina dos que buscan unha convivencia armónica no medio natural galego.
entra e participa!!!

Novas NORMAS EDITORIAIS para ecotono.net

 
Suspendemos temporalmente a actividade de ecotono.net
166 lecturas
 
 

Saudos,
amigos e amigas de ecotono.

O projecto ecotono.net entra em um ponto de inflexom. Suspendemos temporalmente a súa actividade para facilitar umha posta em marcha renovada. Qualquer aportaçom, ideia, crítica ou consulta a podes fazer na conta info@ecotono.net

Vémonos em Setembro.
Muito ánimo para os vizinhos de Mugardos que arestora continuam fechados no concelho em protesta fronte a REGANOSA e muita força para parar a desfeita que o governo galego esta a legalizar soterradamente no COUREL.

Apertas do webmaster.
novas
  
 
 
Enviado por: nogueira
Luns, 06 de Agosto de 2007

   Envía esta historia a un amigo  
 
 
Festa Revolta no Courel
194 lecturas
 
 

O día 11 de agosto, celebrarase a partires das 11 da mañá e ata a noite, en Froxán (no Courel) a “Festa Revolta”, en favor da paz cultural e ambiental desta Terra e de todas as Terras:

http://www.arredemo.info/arredrupal/node/86

Neste enlace:
  • Resumo do programa cultural do día 11.
  • Cartel-anuncio da festa, para quen o queira imprimir.
  • Mapa do Courel coa situación de Froxán.
  • Como chegar a Froxán.
  • Posibles aloxamentos.
En SOS Courel
  • Marabillosas fotos paraíso-contraste-canteiral

S.O.S. alerta
 
 
Enviado por: nogueira
Luns, 06 de Agosto de 2007

   Envía esta historia a un amigo  
 
 
Amigos da Terra e Adega na contra da Chega de Bois
170 lecturas
 
 

O espectáculo Chega de Bois ven sendo denunciado ano tras ano por Amigos da Terra e Adega que tratan de por fin a un claro caso de maltrato animal que conta coa agravante de carecer das correspondentes e preceptivas licenzas administrativas e no que hai unha falta de posicionamento claro da administración.

O espectáculo Chega de Bois está dentro do programa de festas - Sopas de burro cansado, do concello de Muíños no Xurés ourensá. O espectáculo consiste en provocar unha pelexa entre dous bois que miden as súas forzas entre si como espectáculo público. Sempre se defendeu que ningún animal debe ser empregado en actos onde puideran correr perigo de lesións como a propia Lei 1/1993 do 13 de Abril de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade impón no seu artigo 5 (prohibe a utilización de animais en espectáculos, pelexas, festas populares e outras actividades se iso lles pode ocasionar danos, sufrimentos ou facelos de obxecto de tratamento antinatural).

mundo animal
 
 
Enviado por: m.valencia
Mércores, 01 de Agosto de 2007

¿comentarios?   Envía esta historia a un amigo  
 
 
ADEGA alerta contra a chegada do mexilón cebra
204 lecturas
 
 

mxcebra3.jpg31 de xullo de 2007. A imparábel expansión do mexilón cebra (Dreissena polymorpha) que xa invadíu a cunca do Ebro e ameza con estenderse á do Norte, esixe medidas de control e prevención por parte das administracións e dos particulares. O principal vector de introducción é o trafego de embarcacións dende zonas contaminadas, polo que ADEGA solicita tamén a colaboración de entidades como as federacións de pesca, os clubes de deportes fluviais, as empresas de turismo de aventura e a cidadanía en xeral para retrasar a aparición deste especie en Galiza.

mundo animal
 
 
Enviado por: fins
Martes, 31 de Xullo de 2007

¿comentarios?   Envía esta historia a un amigo  
 
 
Porque primeiro é o noso litoral, non ao Plano Acuícola da Xunta
174 lecturas
 
 

quilmaspan2.jpg
23 de xullo de 2007. Este sábado pasado, centos de persoas manifestámonos contra a ampliación da piscifatoría de Quilmas (Carnota) exemplo dun Plano Acuícola fortemente insustentábel. Organizacións ecoloxistas como ADEGA, Amigos da Terra, o Comité Cidádán de Emerxencia de Ferrol, o Comité en Defensa das Rías Altas, Greenpeace, a SGHN e Verdegaia, colectivos sociais como Salvemos Monteferro e as plataformas de Seráns e Corrubedo ímonos coordenar contra un Plano Sectorial que pretende hipotecar o noso litoral aos intereses das transnacionais do peixe. A MILLOR PISCIFATORÍA, O MAR DE GALIZA!

activismo
 
 
Enviado por: fins
Venres, 27 de Xullo de 2007

¿comentarios?   Envía esta historia a un amigo  
 
 
Ameazas das piscifactorias
148 lecturas
 
 

Plataformas locais e a Federación de Confrarías presentarán alegacións conxuntas ·· Adega prestaralle asesoramento técnico e apoio nos actos reivindicativos ·· Ribeira acolle mañá unha mesa informativa cos impactos do proxecto de Corrubedo, fotografías da zona e impresos de recollida de sinaturas
R. FERNÁNDEZ . SANTIAGO

Reunión no local de Adega para analizar o Plan Acuícola da Xunta

A unión fai a forza. Por iso todos os colectivos afectados polo novo Plan Acuícola da Xunta decidiron, no marco dunha xuntanza coa Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega), presentar alegacións conxuntas ó proxecto. No encontro celebrado o mércores en Santiago, os colectivos veciñais de Seráns (Porto do Son), Corrubedo (Ribeira) e Quilmas (Carnota), xunto con entidades conservacionistas como Raposo de Ribeira e o CES do Salnés acordaron xunto ós representantes da Federación Galega de Confrarías anunciar o seu rexeitamento ó plan de acuicultura do Goberno, dados os seus múltiples impactos.
novas
 
 
Enviado por: FelixBabarrokintero
Venres, 20 de Xullo de 2007

¿comentarios?   Envía esta historia a un amigo  
 
 
ADEGA reune aos colectivos de afectados/as contra o novo Plano Acuícola
148 lecturas
 
 

nonsevendep.jpg19 de xullo de 2007. No día de onte, numerosos colectivos de afectados/as e asociacións ecoloxistas reunímonos en Compostela para coordenar as accións de resposta á proposta insustentábel de novo Plano Acuícola presentado pola consellería de Pesca. Acordamos presentar alegacións conxuntas e pormenorizadas ao documento e apoiar as diversas accións que cada plataforma desenvolva a nível local. Como primeira acción, concentrarémonos este vindeiro sábado 21 ás 5 da tarde contra a ampliación da piscifatoría de Stolt en Quilmas (Carnota). Alto á especulación co noso Patrimonio Natural!

activismo
 
 
Enviado por: fins
Venres, 20 de Xullo de 2007

¿comentarios?   Envía esta historia a un amigo  
 
 
Adeus píllara papuda, benvida Bandeira Azul
174 lecturas
 
 

corna1.jpg17 de xullo de 2007. A masiva afluenza de visitantes ás praias e o desleixo dalgunhas administracións máis preocupadas por atraer o turismo que por conservar o medio, están a provocar a rápida degradación dalgúns ecosistemas dunares, da súa fráxil fauna e flora. Tal é o caso da praia da Corna, entre O Caramiñal e Ribeira, o campo dunar millor conservado do N da ría de Arousa. Alí, unha recente "limpeza" con maquinaria pesada estragou a niñada da única parella de píllara papuda deste contorno. Iso si, a praia loce a Bandeira Azul... Non todo vale para atraer ao turismo!

mundo animal
 
 
Enviado por: fins
Venres, 20 de Xullo de 2007

¿comentarios?   Envía esta historia a un amigo  
 
 
A Xunta inmersa nun gran escandalo
179 lecturas
 
 

Nota de prensa de SOS Courel
Por Orlando Gregorio Álvarez Álvarez
DNI 33 850 174 Q
Teléfonos 607 22 58 87 - 982 81 66 50

A Xunta inmersa nun gran escandalo:
A Xunta de Galicia coa autorización da “CE La campa”, o día 19 de xuño de 2007, nunhas condiccións ambientais extremas, destapou a “Caixa de Pandora”; así de forma incrible, 54 concesións mineiras e dereitos mineiros sobre o Espacio Natural do Courel, totalmente desbotados, desauciados ou durmidos, cobraron vida de novo, baseándose no agravio comparativo de tal autorización improcedente.

A Xunta de Galicia, agora enfrontase a unha gran catástrofe legal, de negociacións e indemnizacións sen precedentes, que no mellor dos casos acabará coa autorización de parte delas (das 54) indemnizacións e litixios xudiciais interminables coa Xunta.
S.O.S. alerta
 
 
Enviado por: nogueira
Luns, 16 de Xullo de 2007

   Envía esta historia a un amigo  
 
 
Ampliación do Salto de Novo Castrelo: certificando o estrago dun río
153 lecturas
 
 

Este verán escuro para o medioambiente galego, no que a "legalización" inxustificábel da canteira de A Campa no Courel, a aprobación no Consello de Goberno do Plano Acuícola e a autorización da masacre de pombiños na Illa da Toxa marcan unha nefasta deriva nas políticas ambientais do goberno bipartito, ven de sumar unha nova desfeita ao ronsel: A Xunta autoriza a ampliación do aproveitamento hidroeléctrico de Novo Castrelo desprezando as alegacións presentadas e certifica a agonía do río Xallas.
novas
 
 
Enviado por: Verdegaia
Xoves, 12 de Xullo de 2007

¿comentarios?   Envía esta historia a un amigo  
 
 
Concentración o sábado 14 contra o tiro ao pombiño na Toxa
144 lecturas
 
 

non__caza_do_pombio.pngCo lema “Alto á barbarie do tiro ao pombiño na Toxa” este sábado 14 de xullo ás 12:00 h no Paseo de Beiramar do Grove terá lugar (diante da ponte da Toxa) unha concentración de protesta polo masacre de 30.000 pombiños e para pedir o estrito cumprimento das leis de caza e protección dos animais. A caza do pombiño é unha práctica lamentábel xa que existen alternativas viábeis como o tiro ao prato que non danan ningún animal por motivos lúdicos. Para este "deporte" córtanlles aos pombiños as plumas da cola para teren un voo máis torpe e deste xeito resulte máis fácil masacralos. Na Toxa estase violando, co beneplácito da administración, a Lei galega de Caza e o seu regulamento.

activismo
 
 
Enviado por: fins
Xoves, 12 de Xullo de 2007

¿comentarios?   Envía esta historia a un amigo  
 
 
Numerosas organizacións ambientalistas e animalistas esixen a fin do campionato
108 lecturas
 
 

Convocatoria dun acto de protesta cunha gran concentración o sábado 14 de xullo ás 12 da mañá no paseo marítimo de O Grove, na zona de Beiramar (próximo á ponte de A Toxa) .

Amigos da Terra, que leva desde maio traballando sobre o tema do tiro ao pombiño, recibe resolución da Subdelegación do Goberno de Pontevedra no que comunica a autorización definitiva do Campionato de tiro ao pombiño na Illa da Toxa a partires da próxima semana unha vez determinadas algunhas medidas de seguridade complementarias que a organización do evento debe cumprir.

Para argumentar dita autorización a Subdelegación do Goberno desprega unha ampla xustificación legal, dando a entender, en definitiva, que tratándose dunha actividade legal, e incorporando as medidas de seguridade esixidas, dita Subdelegación non pode prohibir dita competición, sendo pois competencia e responsabilidade doutros estamentos administrativos evitar que este tipo de celebracións sigan a desenvolverse no noso país.

Certamente este feito implica que a lexislación debe ser cambiada con urxencia para que baixo o seu amparo deixen de celebrarse este tipo de espectáculos, aínda que legais, carentes de ética.

mundo animal
 
 
Enviado por: m.valencia
Mércores, 11 de Xullo de 2007

¿comentarios?   Envía esta historia a un amigo  
 
 
ADEGA e numerosos colectivos ecoloxistas solicitan a suspensión da caza do pombi
132 lecturas
 
 

pombinhos4 de xullo de 2007. ADEGA e máis numerosos colectivos ecoloxistas e de defensa dos animais rexeitan a campionato de "Tiro ao Pombiño" que se celebrará na Toxa esta fin de semana. Outros colectivos que rexeitan este desatino: CES (Colectivo Ecoloxista do Salnés), a Plataforma “Matar por Matar Non”, Amigos da Terra, Asociación COMETA de Narón, e as protectoras de Barbanza, Lugo, Ourense, Vigo, Baiona, Cambados e Marín, integrantes da Unión de Protectoras de Animais Federadas de Galiza (UPAFGA). Esiximos tamén da Consellería que ante a manifesta insubmisión dos organizadores, suspenda o permiso ao campionato.

activismo
 
 
Enviado por: fins
Venres, 06 de Xullo de 2007

¿comentarios?   Envía esta historia a un amigo  
 
 
Importaciones de materias primas para biocombustibles incrementan la deforestación
143 lecturas
 
 



Un nuevo informe de Amigos de la Tierra muestra los graves impactos ambientales de las importaciones europeas de aceite de palma

Amigos de la Tierra Holanda acaba de publicar los resultados de una investigación que demuestra que Wilmar, la mayor compañía distribuidora de aceite de palma, está talando selvas de forma ilegal, quemando bosques y violando los derechos de las comunidades locales en Indonesia [1]. El aceite de palma es una de las principales materias primas utilizadas para fabricar el sustituto de origen agrícola del diésel, (biodiésel o agrodiésel). En Europa, Amigos de la Tierra está solicitando que la Unión Europea (UE) se replantee los recientemente adoptados objetivos obligatorios para incrementar el uso de combustibles de origen agrícola (o agrocombustibles) en el transporte y que éstos no se subvencionen con dinero público.
novas
 
 
Enviado por: Xulio
Mércores, 04 de Xullo de 2007

¿comentarios?   Envía esta historia a un amigo  
 
 
A Bandeira Azul non é garantía dun litoral ecolóxico
124 lecturas
 
 

bandeiranegra.jpg28 de xuño de 2007. A bandeira azul tense convertido en sinónimo de praias en bo estado, mais non garante a calidade ambiental dun litoral. Os criterios polos que a FEE (unha fundación privada fortemente subvencionada polos concellos e a industria turística) concede a bandeira azul, atenden principalmente á calidade da auga e aos servizos da praia. No entanto, moitas praias con bandeira azul son exemplo de práticas insustentábeis: urbanismo agresivo, turismo descontrolado, destrucción de áreas dunares... que degradan o seu equilibrio ecolóxico. Porén, dende 1999 a CE deixou de financiar á FEE, xa que segundo o Parlamento Europeo a concesión de bandeiras azuis “convertiuse nunha actividade enganosa, ao utilizar un símbolo de suposta calidade sen a garantía dos organismos oficiais da UE”.

novas
 
 
Enviado por: fins
Venres, 29 de Xuño de 2007

¿comentarios?   Envía esta historia a un amigo  
 
 
ADEGA reaxe contra o decretazo das canteiras
117 lecturas
 
 

camparthumb.jpg27 de xuño de 2007. Diante da recente legalización da canteira da Campa polo Consello da Xunta, ADEGA expresa a súa vontade de iniciar as accións xudiciais e sociais oportunas para tentar reparar este lamentábel erro. Non é doado xustificar ter autorizado esta canteira, con sentenza xudicial de paralización, e non permitir outras que están a traballar en espazos protexidos sen autorización nen licenza municipal, pero con concesións e declaracións de impacto favorábeis. E aínda mantendo a autoridade legal, con que autoridade moral se pode perseguir unha edificación fóra de ordenación, cando se concede autorización urbanística á ilegalidade, á desobediencia e á chantaxe?.

activismo
 
 
Enviado por: fins
Mércores, 27 de Xuño de 2007

¿comentarios?   Envía esta historia a un amigo  
 
 
Número 2 da revista electrónica Cos Pés na Terra
139 lecturas
 
 

Vén de se publicar o segundo número da revista electrónica “Cos Pés na Terra”, unha revista galega para a información, a reflexión e o debate sobre a sustentabilidade. Desde a independencia e con rigor e espírito crítico, “Cos Pés na Terra” aborda asuntos de interese relacionados co medio ambiente e coa sustentabilidade. Acompañando a publicación do segundo número, creouse un blog que publicará comentarios de membros do consello de redacción da revista.
divulgación
 
 
Enviado por: Verdegaia
Mércores, 27 de Xuño de 2007

¿comentarios?   Envía esta historia a un amigo  
 
 
denuncias: Hoxe: Incrible Escándalo no Courel
167 lecturas
 
 

Denuncia de “SOS Courel”
Pasao, que se entere todo o Mundo

Na prensa hoxe:

Isto é o que está a pasar no Courel, ao parecer (Artigo en “El País” ):
El Gobierno alerta del "gran impacto" de una cantera que avala la Xunta en O Courel
Un informe oficial constata que la explotación ilegal contaminó un río y agrietó una carretera


Outros artigos recentes:

E non olvides, o 21 de xullo entregámoslle as sinaturas ao Presidente da “Xunta de Galicia”.
Mándaas ao seguinte enderezo:

“Asociación SOS Courel”.
Santa Eufemia, nº 32,
Folgoso do Courel, 27327 (Lugo.)
S.O.S. alerta
  
 
 
Enviado por: nogueira
Martes, 26 de Xuño de 2007

   Envía esta historia a un amigo  
 
 
Legalización da canteira LA CAMPA no Courel: burla e chantaxe á sociedade
145 lecturas
 
 

acampa.jpgLugo, xuño de 2007. ADEGA considera unha burla e unha chantaxe á sociedade a legalización da canteira “La Campa” de O Courel. O Consello da Xunta ven de outorgar a autorización urbanística a esta canteira, en Folgoso do Courel explotada por CUPIRE-PADESA. Para ADEGA tal autorización constitúe un moi grave precedente na aplicación da lexislación urbanística que, dende logo, non concorda en absoluto coa actitude con que a Xunta está a enfrontar outras irregularidades urbanísticas moito menos aberrantes: se grave e escandalosa é a especulación no litoral, moito máis resulta a actuación de CUPIRE-PADESA na canteira de A CAMPA, que agora ven de ser "premiada" pola Xunta.


activismo
 
 
Enviado por: fins
Martes, 26 de Xuño de 2007

¿comentarios?   Envía esta historia a un amigo  
 
 
ULTIMA HORA a Xunta decide arrasar o Courel
137 lecturas
 
 

¡¡ comunicado Urxente !!
da Asociación Ecolóxico-Cultural “SOS Courel”

Amigas e amigos !!
Pedímosvos encarecidamente que difundades, se o tedes a ben, esta mensaxe canto poidades.

Incrible!! pero de xeito totalmente inesperado, onte 21 de xuño, a Xunta de Galicia decidiu acabar de masacrar ao Courel, cando xa hai máis de 12 macrocanteiras canteiras en funcionamento:
  • O 21 de xuño, foi autorizada pola Xunta a Canteira A Campa-Santa Eufemia, (paxinas 2 e 17)

  • Documento: Consello da Xunta de Galicia do 21 de Xuño de 2007 Fonte: xunta.es

    O Consello da Xunta de Galicia, tal e como tiña previsto dende fai tempo e sen escoitar o clamor da Cidadanía, tomou a decisión de acabar definitivamente co “Espazo Cultural do Courel”.

    Esta canteira que traballa nun furado da REDE NATURA, aberto a propósito no 2004; pero aínda nun Espacio Natural según as Normas Subsidiarias e Complementarias; desobedecendo unha orden de peche dende o 2002, confirmada pola Xustiza; foi premiada tal e como se expón nas páxinas 2 e 17.

    Esta canteira, ao parecer foille formulada un ha Declaración de Impacto Ambiental, que parece ser a garantía de tal legalización



    Se este documento fora a garantía ambiental, cando se está a arrasar un río e un bosque centenario, preto de media ducia de poboados medievais, mellor que supriman de un prumazo toda a normativa ao respecto.

  • O mesmo 21 de xuño, o Consello da Xunta deulle para diante ao “Proxecto de Lei de ordenación da minaría de Galiza”, polo que unha vez aprobado no Parlamento, o Courel será declarado “Concello Mineiro”. A minaría terá prioridade absoluta sobre o Parque Natural (Páxinas 1 e 7)

  • Xa o 19 de xuño, autorizárase a instalación do primeiro Parque Eólico, dos varios previstos, na Rede Natura do Courel, en plena Serra do Oribio, no Camiño de Santiago.

  • DOGA 19 de Xuño de 2007


¡¡¡ Agora, máis que nunca, seguimos coa campaña de recollida de sinaturas, envíos de correos electrónicos á Xunta de Galicia e a Prensa !!!

Impríme o modelo:

Documento: Recollida de Sinaturas O COUREL Parque Natural [.PDF Galego]
Documento: Recollida de Sinaturas O COUREL Parque Natural [.PDF Español]

Mándaas ao seguinte enderezo:

Asociación SOS Courel”.
Santa Eufemia, nº 32,
Folgoso do Courel, 27327 (Lugo)
S.O.S. alerta
  
 
 
Enviado por: nogueira
Luns, 25 de Xuño de 2007

   Envía esta historia a un amigo  
 



pesquisador




comunidade
· axenda
· actividades
· --- saídas
· --- fotos

· deporte
· viaxes
· humor
















Ligazóns recentes
· Asociación para a Defensa da Ría
· NEREA Investiga
· saramaganta.info
· I Congreso Internacional de Educación Ambiental dos Países Lusófonos e Galicia
· o JatiCan
· ardegaliza.info
· Galipedia
· Ventos
· ecogz.blogaliza.org
· blogaliza.org
· blogalego.com
· Federación Ecoloxista Galega BLOG
· culturamaritima.org
· NON ao gasto militar
· salvemos monteferro













artigos pasados
Luns, Xuño 25
·info Courel 15-06-2007. Video e noticias da campaña de O COUREL
·info Courel 30-05-2207. Máis AXUDA para o Courel
Xoves, Xuño 21
·Contaminación electromagnética: o lixo máis de moda
Luns, Xuño 18
·As cores dos ríos galegos: un caleidoscopio de vertidos
Mércores, Xuño 13
·II Seminario de Sensibilización: Responsabilidade Social Empresarial
·II Andaina de Congostro - Rairiz de Veiga
·Semana ecoloxista en Neda
Luns, Xuño 11
·Festival Cultural PorAmorAlArte en Vilardevós
·Macropiscifatorías: enormes fábricas de contaminación mariña
Xoves, Xuño 07
·D.E.P. Círculo Lítico da Mourela: 3000 AC-5 de xuño de 2007
Martes, Xuño 05
·Paremos o CAMBIO CLIMÁTICO: concentración no Toural, 5-X ás 18h
Luns, Xuño 04
·Amigos da Terra denuncia as talas indiscriminadas dos bosques galegos
·Amigos da Terra celebra a liberación do Bidueiral de Montederramo
·Día do M.A: Mercando pobreza, consumindo o planeta, es ti responsable?
Venres, Xuño 01
·Video promocional do Congreso Lusófono de Educación Ambiental
 Artigos máis vellos



Adega
ADEGA intégrase na rede de entidades locais pola compostaxe doméstica, "Composta en Red"

A exposición "O lobo, unha carreira pola supervivencia" chega ao Barco de Valdeorras

Crónica do I curso de iniciación á cestería tradicional

RoteiRíos 2010: 13 e 14 de marzo, macizo central ourensán

"Actuacións medioambientais" no LIC Ulla-Deza: 2,1 millóns de € en aterros, pavimentos e mobiliario



Amigos da Terra
Amigos da Terra mudamos de web

Nova publicacin sobre Aforro de Emisins

Tradicin igual a maltrato animal

Os verquidos ao ro Bbal son causa de expediente sancionador ao concello de Monterrei

Voluntarias Europeas colaboran con Amigos da Terra



Verdegaia
Número sete da revista electrónica Cos Pés na Terra

Xira europea de Daniel Luna, activista do FNLS

Amarante e Verdegaia botan o peche ao ciclo de cine "Coñecer para Cambiar"

Costas ameaza os valores naturais das LIC Brañas de Laiño

Verdegaia presenta alegacións ao proxecto nas fervenzas de Tourón (río Cerves, Melón, Ourense)



Ecologistas en Acción
Proteger el mar Mediterráneo frente a la tropicalización

Menosprecio por la protección de la flora y fauna silvestres

Madrid, ciudad sin huertos

Piden al Parlamento de Navarra que conceda ayudas para la compra de bicicletas

No a las batidas de caza en la Reserva Natural de Los Sotos de Alfaro



visitas Desde:
Locations of visitors to this page




Fatal error: Call to a member function Execute() on a non-object in /usr/home/bandua.net/web/info/041202_ecotono/includes/pnSession.php on line 401