Temos 2 convidados e 0 usuarios en rede
É un usuario anónimo. Pode rexistrarse aquí.
|
|
 |
Axenda CMTF:
| -----------------------------------------------------------------------------------
II ENCONTRO COA ZANFONA CONTEMPORANEA
ENCONTRO GALEGO DE DIATÓNICO
MOSTRA DE PANDEIRETA PENINSULAR |
|
|
|
 |
 |
|
 |
|
3266 lecturas
|
|
|
 |
| |
 Este sitio estivo activo desde o 20 de Setembro de 2004 até o 2 de Junho de 2006.
Durante este tempo publicaron-se 810 novas e estivestedes connosco compartilhando-as 276 usuari@s registrados, acadando cifras tam significativas de visitas como as totais do projecto, aproximadamente 150.000 ou as actuais visitas diarias de promedio, em torno às 500.
Quixera dar-vos as graças a tod@s pola vossa participaçom, desejando que esta versom fosse de utilidade.
Este projecto foi gestionado desinteressadamente e de balde desde o seu inicio por bandua.com como serviço de apoio á importante labor desenvolta pola “Asociación do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín”.
Agradescimento especial, como nom à aCMTF, a Ugia e a Pili, e a toda a equipa de trabalho, professores e alumn@s, pola confiança, apoio e aportaçons dadas.
Por suposto, folque.com, nom morre aquí, mudamos de soporte e avançamos uma versom. Deixamos atrás o actual soporte postnuke 0.7.6.2 e nos incorporamos á forte corrente de desenvolvimento do projecto WordPress 2.0.2
Abrimos folque.com 3.0
A principal particularidade de esta nova versom será que em quanto a conteudos estará gestionada integramente pola aCMTF e em quanto a estructura, simplificamos.
Para contactar com o projecto mantemos as duas contas de correio actuais:
conservatoriofolque[a]folque.com para contactar com o centro docente
info[a]folque.com para contactar com o sitio web Iniciamos folque.com 3.0
IMPORTANTE: Se nos segues mediante o feed, lembra-te de actualizalo.
Deixamos o actual: http://bandua.net/info/041008_folque/backend.php
Incorporamos o novo: http://bandua.net/info/060602_folque/?feed=rss2
Beijinhos do webmaster |
|
|
|
|
|
| |
Enviado por: bombo Venres, 02 de Xuño de 2006
|
¿comentarios? 
|
|
|
 |
 |
 |
|
 |
 |
|
|
|
|
 |
 |
|
 |
|
5244 lecturas
|
|
|
 |
| |
 
A Coordinadora de Centros Sociais de Galicia (A Esmorga, A Revolta, A Reviravolta, etc... ) ven de publicar un recopilatorio de música en galego de grupos máis ou menos novos e máis ou menos consagrados.
GUEZOS aparece co tema que lle da o nome o seu disco TERRADENTRO.
Os grupos que aparecen son FESTICULTORES, CENK, GUEZOS, GALEGOZ, NAO, A MATRACA PERVERSA, PROJECTO GHARATÁ, POTEMKIM, A BANDA DE POI, NENO PETAKA, SKARNIO, OFENSIVA, OS TRES TREBÓNS, TINO BAZ e LAMATUMBÁ.
Un disco interesante para ver por onde vai a música en galego de hoxe. E a un precio máis que interesante. ...de momento á venda nos Centros Sociais, pero todo chegará.
Un saúdo:
GUEZOS.
|
|
|
|
|
| |
Enviado por: guezos Mércores, 24 de Maio de 2006
|
¿comentarios? 
|
|
|
 |
 |
 |
|
 |
 |
|
|
|
|
 |
 |
|
 |
|
3215 lecturas
|
|
|
 |
| |
Preséntase o resultado das aulas nas que participaron 12 rapaces e rapazas de 7 a 11 anos, o percusionista Xurxo Troncoso, a profesora de canto Pili Araújo, o compositor Nacho Muñoz e o bailarin Marcelo González ao longo do curso 2005-06 nas dependencias do antigo Conservatorio de Música de Pontevedra. Un traballo desenvolto a partir de 4 espazos creativos independentes, unificados posteriormente para deseñar a performance para este sábado, 27 de maio, ás 18.30, no Teatro Principal de Pontevedra.

Virán convidados tamén para este concerto os nenos e nenas da Escola Folque Infantil de Lalín, creando así a primeira oportunidade de convivencia e mostra folque infantil para o público de Pontevedra.
A AFI, Aula Folque Infantil, coordinada pola Asociación do Conservatorio de Música Tradicional e Folque e promovida polo Concello de Pontevedra, está formada por:
Aula de canto, coordinada por Pili Araújo, traballando con material que provén principalmente da tradición vocal galega, facendo incursións (ou excursións...) a outras culturas musicais do planeta mentras os nenos e nenas ian descubrindo o seu propio son por medio do canto.
Aula de percusión, coordinada por Xurxo Troncoso, traballando coa percusión como extensión do corpo e aportando a súa experiencia no mundo do teatro para misturar son, narrativa e escea.
Aula de baile, coordinada por Marcelo González, centrándose no movemento, a coordinación espacial (individual e colectiva) e o sentido escénico, desde bailes tradicionais galegos a coreografías deseñadas por él mesmo.
Aula de experimentación e escoita, coordinado por Nacho Muñoz dende o material sonoro xerado polos propios alumnos e alumnas, partindo de improvisacións libres (despoxadas de conceptos, normas ou estilos donde a expresión convírtese no máis esencial) ata chegar pouco a pouco á composicións máis elaboradas. O profesor foi un mero intermediario deste proceso compositivo delengando delegando o groso das decisións no alumnado.
|
|
|
|
|
| |
Enviado por: bombo Martes, 23 de Maio de 2006
|
¿comentarios? 
|
|
|
 |
 |
 |
|
 |
 |
|
|
|
|
 |
 |
|
 |
|
3879 lecturas
|
|
|
 |
| |
MARFUL
Marful proponnos unha cocteleira inspirada nos ritmos que soaban nas vilas galegas, entre os anos 30 e 50, nos salóns de baile e nos cafés cantantes. Unha época musical marcada polos ritmos de tradición americana que coabitaban coa música popular e a canción melódica. Música elegante para unhas letras persoais e irónicas, letras en femenino feitas pola propia Ugia Pedreira e por escritores como Anxo Quintela, Ricardo Carvalho Calero, Olga Nogueira, Manolo Pipas ou o francés Jacques Prévert.
O interese pola expresión musical nesas décadas de cambio social e a confluencia entre a música rural e a urbá tinxen esta proposta de Marful facendo que sexa unha peculiar interpretación da música urbá con sabor a porto, a casa de indianos, a emigración, etc. Twist, tangos, habaneras e pasadobles forman este particular universo, cunha posta en escena que consegue a emoción no fío da ambigüidade e o resultado: unha elegancia irreverente.
|
|
|
|
|
| |
Enviado por: bombo Venres, 05 de Maio de 2006
|
|
|
|
 |
 |
 |
|
 |
 |
|
|
|
|
 |
 |
|
 |
|
1811 lecturas
|
|
|
 |
| |
Benquerid@s amig@s:
Esta semana dempois dun pequeno descanso voltaremos cun cantautor con humor Riki Lopez grazas á súa peculiar maneira de interpretar os textos das súas cancións, Riki aparece en varios programas televisivos de emisión nacional, tales como Calamar (Antena 3) ou El Club de la Comedia (Canal Plus e Tele 5).
Tamén ten colaborado como invitado habitual de Guillermo Fesser e Juan Luis Cano (Gomaespuma) no seu programa radiofónico de M-80.No seu espectaculo, este home con alopecia, tan capilar como lingüística, entrelaza as súas explosivas cancións cuns risibles monólogos que non teñen desperdicio. Desenvolve situacións coas que, por cotiás e intimistas, non custa esforzo ningún identificarse. Elas son o “telón de fondo” onde Riki fai o seu traballo. Nin un só dos seus cacahuetes vén sen chicha. Sera o venres 5 de Maio as 23 horas.
Os prezos 10 euros, 8 anticipada e 5 para socios. Adxuntovos unhas notas informativas e quedo a vosa disposicion para calquera cousa que precisedes, tamen podedes botar man da nosa paxina web barliceum.com ou da sua www.rikilopez.com.
|
|
|
|
|
| |
Enviado por: bombo Xoves, 04 de Maio de 2006
|
|
|
|
 |
 |
 |
|
 |
 |
|
|
|
|
 |
 |
|
 |
|
3923 lecturas
|
|
|
 |
| |
 FESTA DO 17 QUE SE FAI O 13, praça de BOMBEIROS ("irmao Gomes" detras da cozinha económica, entre a praça de abastos e a porta do caminho).
Às 10h30: RUADA (iremos pola zona velha tocando e informando
sobre a festa, se alguem quer somar-se so tem que trazer o seu instrumento).
às 13h SESSOM VERMÚ com o português Ze Marques.
Ás 14h JANTAR com polveir@s (menú: churrasco e polvo).
Às 17h FESTIVAL INFANTIL:· Globofelxia com Nilsom Leite.
· Murais pola língua com Luzia Rodrigues, Suso Sanmartim e Leandro Lamas.
· Jogos tradicionais ca Assembleia do Jogo Popular e Tradicional. Às 6h30 apresentaçom do BOOK CROSSING, que realizaremos por Compostela, com @s escritor@s Lucia Aldao, Maria Lado, Teresa Moure, Igor Lugris, Raquel Miragaia, Joao Guisan Seixas.
Às 19h ( na PRAÇA DO PAM: cervantes): FESTIVAL DE DANÇA E MUSICA TRADICIONAL com os grupos de baile da Xuntanza e Agrupación Folclórica da Colexiata do Sar, e com os grupos de música dos Campantes da Banha e Xilbarbeira.
Ademais, neste momento, haverá umha FEIRA CAMISETEIRA ca participaçom de Caramuxo, Manis Dixital, Onze Varas, A xente das cores, NiceTrip, Aduaneiros sem Fronteiras.
Às 21h:CONCERTOS com Fiandola (folque), Renato Spencer (pachanga brasileira), Kastomä (rock de Ordes) e Skarnio (ska).
E AINDA HÁ MAIS...!!
Para celebrar a semana das letras:
Dia 15: noite curta em colaboraçom com o Cineclube.
Dia 17: Jantar pola língua no Pichel (santa clara 21), Passa-ruas normalizador (iremos por diferentes ruas compostelanas recuperando o seu nome tradicional ate chegar a Praça da GaliZa), e à volta Foliada no Pichel.
Concurso de Adivinhas: durante estas semanas estamos relizando polo bairro um concurso com diferentes adivinhas, o dia 17 entregaremos o prémio:
umha fabulosa cesta com produtos gastronómicos.
Nada mais, so convidar-vos a participar! e a passar a informaçom se podedes, obrigad@s! umha aperta! |
|
|
|
|
|
| |
Enviado por: bombo Xoves, 04 de Maio de 2006
|
¿comentarios? 
|
|
|
 |
 |
 |
|
 |
 |
|
|
|
 |
|