novas: Experimentación poética. Translittera. Enviado 17 Nov 2005 - 08:04 PM
| Envia isto por correo Imprimir este artigo |
Translittera é un espazo diversificado creado para a experimentación da poesía (en todas as súas formas) para alén do seu substrato máis habitual, o papel. Translittera non é unha serie de recitais, senón unha plataforma de contacto co público a través da intervención poética, do acto poético, da poesía en acción, desde perspectivas dispares e múltiples.
É unha bomba no centro da palabra poesía que produce centos de anacos de metralla poética; anacos que, antes de se extraviar, son recollidos por unha serie de creadores dispostos a reconstruír cadanseu senso particular a partir desa estilla.
As sesións desenvolveranse en cinco xornadas a partir das 19.00 h. nas fundacións Granell (Compostela), Seoane (A Coruña), Fdez. Flórez (Cecebre), Laxeiro (Vigo) e Otero Pedraio (Trasalba-Ourense), e cada unha cun programa particular e irrepetíbel no que se integran accións poéticas e proxección de poemas visuais de diversos creadores, sendo todos os días a entrada de balde.

Programa Translittera
18 novembro: Fundación E. Granell
Ig
Lomarti
Nela Que e Roi Fernández
María Lado e Lucía Aldao
25 novembro: Fundación L. Seoane
Manuel Cortés
Antón Lopo, Iván Prado e Manolo Martínez
Lomarti
Yolanda Castaño
Nela Que e Roi Fernández
2 decembro: Fundación Laxeiro
Cristina F.
Estevo e David Creus
Rafael Xaneiro
Pepe Sendón
María Lado e Lucía Aldao
26 novembro: Fundación Wenceslao Fdez. Flórez
Carlos Santiago
Estevo e David Creus
Carlos Quiroga
Yolanda Castaño
Ig
Antón Lopo, Iván Prado e Manolo Martínez
3 decembro: Fundación R. Otero Pedraio
Carlos Quiroga
Manuel Cortés
Carlos Santiago
Pepe Sendón
Rafael Xaneiro
* Ademais destas intervencións haberá proxeccións en todas as sesións de obras visuais pertencentes aos artistas: minus bálido e Adri, Ana Cibeira, e Nela Que.
Todos os días a partir das 19.00 e con entrada libre.
[+ info]
|