Desde moi novo comeza o seu contacto coa música galega descubrindo posteriormente o jazz, o tango, outras músicas do mundo. Está, ademais de en Marful, directamente ligado a proxectos como Nuke Trío (con Germán Diaz), Talabarte (con Kim García e Quim Farinha de Berrogueto).
![]() |
| © Karlos Abal |
Ten colaborado con notabeis artistas do panorama das músicas de raiz como Leilia, Uxía, María Salgado, J. Manuel Budiño e traballado xunto importantes músicos como Jacky Molard, Soïg Sibèril, Wafir e Sebastián Rubio, Värtina, Alasdair Fraser, Javier Bergia, Kepa Junquera, Jaime Muñoz, Tony McManus,… Ten tocado en espazos musicais de todo o Estado e noutros países como Francia, Bélxica, Portugal, Canadá…
Na actualidade compaxina os concertos e gravacións co seu labor compositivo e coa docencia do acordeón diatónico no Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín.
