Docman é un componente adicional de Joomla que permite xestionar documentos. Neste componente os documentos organizanse de xeito totalmente independente a outras informacións como artigos ou eventos. A estrutura na que se organizan é fundamental para dispor dos documentos dun xeito accesibel, tanto para nós como para quen non coñece o seu contido.
Estrutura da información en eventos. Jevents.
Os eventos en Joomla son un contido adicional xestionado por un componente específico. Imos ver brevemente a estrutura da información para eventos xestionados por Jevents.
Esencialmente os eventos de Jevents son información semellante aos artigos, pero con asignación de datas, categorización específica e información complementaria adicional. Amosanse de xeito independente aos artigos e cun fluxo RSS propio.
Publicado en Capítulo 02.
– 23 de Novembro, 2011
Estrutura da información nos contactos
Os contactos de Joomla son simplemente fichas de perfil coa capacidade de contactar directamente cos seus titulares mediante un formulario de contacto incorporado. Normalmente empreganse para contactar con persoal da organización a quen pertence a web ou directamente relacionado.
Publicado en Capítulo 02.
– 23 de Novembro, 2011
Estrutura da información nas ligazóns
As ligazóns en Joomla son simplemente sitios web que referenciamos.
Unha ligazón en Joomla consta de:
- Nome: Título ou nome da web que ligamos.
- Descrición: Breve texto explicativo sobre a ligazón.
- Categoría: As ligazóns en Joomla organizanse en distintas categorías. Inicialmente Joomla só admite un único nivel de categorización, polo que de entrada non é posible dispor de subcategorias. Si é posibel asignar a unha categoría de ligazóns, un nivel de acceso, polo que teremos categorías de acceso público, rexistrado e especial.
- URL: Lóxicamente debemos incorporar a URL da ligazón.
Publicado en Capítulo 02.
– 23 de Novembro, 2011
Estrutura da información en artigos
Os artigos son a principal fonte de información de Joomla. Un sitio Joomla moi activo é capaz de xerar unha grande cantidade de artigos, telos organizados dentro dalgún tipo de estrutura é algo fundamental para ofrecer a información de xeito accesibel.
Publicado en Capítulo 02.
– 17 de Novembro, 2011










Comentarios recentes