Que é?
É a disponibilidade dunha máquina con conectividade de altas prestacións, onde ter a nosa información ofrecendoa ao conxunto da rede. A disponibilidade dunha máquina é necesaria ademais de para albergar a nosa información, para outras funcións básicas como por exemplo o servizo de correo electrónico.
Que características ten un hosting?
As duas principais caracteristicas dun hosting son:
- A súa capacidade de almacenamento de información, ou disponibilidade de disco duro. Mídese en MB ou GB.
- A súa capacidade de transferencia, ou capacidade de tránsito de información. Normalmente mídese en GB ao mes.
Para que funcione correctamente, en rede, un hosting debe estar sempre asociado a un dominio, seria o normal. Excepcionalmente como mínimo podería estar asociado unha IP, que é o código numérico que identifica a un servidor, o que sucede é que moitas veces una mesma IP soe estar compartida no servidor.
Outras caracteristicas tamén importantes dun hosting son:
- Sistema operativo empregado polo servidor que albergará o hosting. Linux lidera con diferencia este sector.
- Paquete de aplicacións ou software de servidor preinstalado do que poderemos dispor, normalmente como mínimo, Apache, PHP, MySQL e phpMyAdmin.
- Correo electrónico asociado, número de contas disponibeis, tipo, webmail…
- Contas FTP disponibeis.
- Copia de seguridade ou backup automatizado.
- Etc…
Podes ampliar información en:
es.wikipedia.org – Servicio de alojamiento de Internet
es.wikipedia.org – Alojamiento web
Este contido forma parte de: Curso de auto-publicación web 2011










Se o hosting é un servicio que permite subir contido, todo dominio precisa dun hosting, ¿non?
Pois non necesariamente. Todo hosting si precisa un dominio, pero non todo dominio precisa un hosting.
A analoxía máis habitual que se soe facer neste ámbito é unha parecida á seguinte, un dominio sería como unha licenza internacional que che da dereito a ter «enderezo postal» para o nome da túa casa «vila de forneiros», sendo este enderezo recoñecido automáticamente por todas as oficinas de correos do mundo.
Deste xeito calquera envio desde calquera parte do mundo enviado simplemente a «vila de forneiros», chegaría sen inconvinte, dado que seria interpretado correctamente por calquera.
E por outra banda, un hosting sería como o terreo no que ubicar a túa casa, sendo a túa casa, a túa web.
Podes ter únicamente a licenza para un nome, sendo só iso, papeis que che dan dereito a empregar tal nome en tal enderezo, o que ti queiras, pero non podes ter un terreo sen enderezo, a calquera terreo tes que poder chegar! …o mesmo que non podes ter casa, se non tes terreo sobre a que construir.
Resumindo, para ter casa, precisas terreo e enderezo, pero podes ter terreo sen casa, nun determinado enderezo, ou simplemente só unha licenza de enderezo.
Moitas gracias! Aclarado!