Skip to content


Estrutura da información nas ligazóns

As ligazóns en Joomla son simplemente sitios web que referenciamos.
Unha ligazón en Joomla consta de:

  • Nome: Título ou nome da web que ligamos.
  • Descrición: Breve texto explicativo sobre a ligazón.
  • Categoría: As ligazóns en Joomla organizanse en distintas categorías. Inicialmente Joomla só admite un único nivel de categorización, polo que de entrada non é posible dispor de subcategorias. Si é posibel asignar a unha categoría de ligazóns, un nivel de acceso, polo que teremos categorías de acceso público, rexistrado e especial.
  • URL: Lóxicamente debemos incorporar a URL da ligazón.

Na hora de incorporar unha ligazón desde o front-end, contamos tamén coa posibilidade de mantela como borrador ou publicala directamente.

Ligazóns en Joomla

Adicionalmente e só disponibel desde o back-end, podemos configurar un parámetro a maiores:

  • Comportamento da ligazón: A ligazón pode comportarse de distinto xeito segundo lle indiquemos, estas son as posibilidades:
  1. Empregar a configuración predeterminada a este efecto. Configuración de caracter xeral para todas as ligazóns.
  2. A ligazón abre na mesma fiestra e o navegador amosa todos os botóns de navegación.
  3. A ligazón abre noutra fiestra e o navegador amosa todos os botóns de navegación.
  4. A ligazón abre noutra fiestra e o navegador non amosa os botóns de navegación.

Este contido forma parte de: Curso de auto-publicación web 2011

Comparte e goza compartindo:
  • email
  • RSS
  • Add to favorites
  • del.icio.us
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • BarraPunto
  • Chuza
  • Facebook
  • Twitter

Publicado en Capítulo 02.


2 Respostas

Mantente en contacto coa conversa, subscribete á sindicación RSS dos comentarios desta entrada.

  1. adriana di:

    Dúbida!
    Ola
    Lendo sobre este post, me entran as dúbidas no referente ao comportamento que se lle asigna ás ligazóns. Creo que teño claro o comportamento 3 e 4 pero ¿poderíamos ter exemplos do comportamento 1 e 2?

    Gracias

    • bandua net di:

      O comportamento 1 consiste básicamente en delegar esta opción en favor da «opción por defecto», en definitiva, en non escoller comportamento e deixar que este sexa o determinado nunha instancia superior.

      Joomla permite a un administrador xerar específicamente este tipo de comportamentos de caracter xenérico, é o que denomina «Globals», de aplicación xeral se non se indica o contrario.

      As opcións a escolher por un administrador para este comportamento xenérico dunha ligazón, son as opcións 2, 3 ou 4, as mesmas que se poden escoller de xeito individualizado para cada ligazón.

      A opción 2, implica cargar unha web deixando atrás (perdendo) a web orixe da ligazón, dado que esta nova web carga sobre a mesma fiestra do navegador.

      En definitiva os comportamentos dunha ligazón en Joomla fan referencia á aplicación en HTML dos atributos da etiqueta <a> especialmente do atributo «_blank».



Algún HTML está ben!

ou, respostar a esta entrada vía trackback.